Santiago - Miguel Costas no Compostela Rock

Compostela Rock presenta De Costas + Dr. Gringo
Miguel Costas presenta o seu novo disco ‘Alguien tenía que hacerlo’
Costas é un dos músicos máis respectados dentro e fóra do mundo musical, pola súa coherencia e o seu rexeitamento a imposicións de mercado, sendo fiel á as súas ideas.
 O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou esta mañá, acompañado de Miguel Costas (e a súa banda) e xunto Raquel Boullosa (manager) “Alguien tenía que hacerlo”. COSTAS e a súa banda regresan cun novo e potente disco: “alguén tiña que facelo” xa que se Costas non o fai, non o fará ninguén, con cancións novas, e como sempre preséntao primeiro en Galicia para todos os seus seguidores e seguidoras. Este novo disco (o terceiro como grupo Costas) segue sendo representativo da súa filosofía e ideais dando cana coa súa banda, un traballo co que non defraudará aos seus fans. En “Alguien tenía que hacerlo”, atoparemos novos himnos que farán historia no panorama musical, como só Costas sabe facer.

Costas actuará o Domingo 10 marzo 2013 ás 20.00 na Sala Capitol

Dr. Gringo é un trío radicado en Santiago de Compostela que desde os seus inicios no ano 2007 caracterízanse por un son e unha estética que integra o rockabilly clásico dos 50 co psycho dos 80 e 90 e que ten nos Straycats de Brian Setzer a súa referencia máis obvia.

Prezo das entradas: 12€ + gastos de distribución, anticipada / 15€ billeteira

Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Ticketea. A Reixa Tenda.


NON PERDAS AS SEGUINTES CITAS DE COMPOSTELA ROCK!

DEF CON DOS presentando o seu novo disco España es idiota na Sala Capitol o venres 15 de marzo ás 21.00 h, cunha oferta especial de lanzamento para as 100 primeiras entradas: 11 euros (Ticketea). Un aguerrido discurso de espírito crítico, mordaz e irreverente poñendo o dedo na ferida aberta que ven sendo a nosa historia recente.

MCENROE (Getxo, rock/shoegaze) + THE SOUL JACKET (Vigo, soul/rock) o sábado 16 de marzo na Sede SGAE / Fundación Autor. McEnroe visítanos cando cumpren dez anos en activo, tempo no que a banda de Getxo acadou un estatus de grupo con soleira no que todos os seus discos son agardados con expectación.

Ningún comentario: