Psoe Ames - petición de pleno extraordinario para pedir explicacións sobre os problemas do grupo municipal

O Grupo Socialista de Ames solicitará un Pleno Extraordinario para que o Alcalde de Ames de as explicacións do acontecido no seu grupo.
Para os Socialistas o Alcalde non deu a cara e mira cara outro lado sen dar as
explicacións oportunas onde as debe dar, que é no máximo órgano, o Pleno da Corporación
Despois de 50 días dende que saltara polos aires as discrepancias internas dos concellei@s do Goberno do PP, o Alcalde Amor segue sen dar unha sola explicación do acontecido á corporación de Ames a pesares das múltiples solicitudes que dende o Grupo Socialista, e a oposición lle pediron.

Para o noso grupo esta actitude do Alcalde “é unha mostra mais da forma coa que entende o Sr. Amor que é gobernar un Concello, sen diálogo e arrogancia. Dúas das características que ven mostrando nos preto de 2 anos que leva gobernando o Concello de Ames”, afirma Miñones, voceiro socialista.

A pesares da grave situación á que o Goberno do PP de Ames levou a este Concello, coa marcha dos 6 edís do PP encabezados polo Sr. Argibay e a renuncia as súas funcións de goberno, o Alcalde non foi quen de dar unha sola resposta ou explicación ao pleno da  Corporación, nin no pleno de Xaneiro, nin no último pleno de Febreiro, onde xa se puideron ver as carencias ás que está sometido o minoritario grupo de goberno do Sr. Amor. “O Grupo Socialista pediu en ambos plenos, no apartado de rogos, que o Alcalde dese a cara e se deixase de esconder e explique os motivos que levaron ao Concello a esta situación de ingobernabilidade na que estamos abocados” di o voceiro Socialista. “A resposta do Sr. Amor, unha vez mais, foi o silencio”. 

Para o voceiro socialista, Jose Miñones “a situación a día de hoxe é un completo caos, coa paralización de moitísimos asuntos que non son quen de sacar”. O goberno de Ames non da solución a diversas demandas dos veciños e veciñas de Ames e segue sen solucionar asuntos tan importantes como son a resolución do Transporte adaptado, que xa quedara practicamente feito hai 21 meses e que supón a perda de 1.000€ mensuais para o Concello;
O inicio das obras da Potabilizadora Ames-Brión, que seguen sen poñerse en marcha e da que o Alcalde segue sen informar á oposición; a solución do aparcamento de terra que se atopa na parte traseira da Policía Local en Bertamirans, da que prometeron hai 15 meses unha pronta resolución; ou outros moitos asuntos como son Os orzamentos, o Parque de bombeiros, o Centro de saúde, a construcción da escola infantil de Bertamirans, a Construcción do peche do campo de fútbol de Bertamirans ou as gradas de Milladoiro, o acordo de cesión do Centro de Usos múltiples de Aldea Nova, etc….

Pasada unha semana dende a última solicitude destas explicacións no pleno de febreiro, e despois de 50 días dende que saltara á prensa a división interna do PP, os Socialistas de Ames creemos que xa foi tempo mais que suficiente para que o Alcalde rendira contas no máximo órgano do Concello, o pleno. Ante a calada por resposta e a actitude arrogante do Alcalde o Grupo Socialista vai a solicitar o vindeiro Luns a convocatoria dun pleno extraordinario na que o Alcalde de Ames teña que dar todas as explicacións da división do seu grupo, da destitución do primeiro tenente de Alcalde, o Sr. Argibay, e de cómo ten pensado xestionar o Concello a partires de agora con tan solo 4 concelleir@s no seu grupo e
en minoría.

O grupo Socialista buscará o consenso cos demais representantes da corporación para que se sumen a esta petición de explicacións por parte da Alcaldía e os implicados neste bochornoso asunto

Ningún comentario: