‘Odaiko&friends’
Odaiko ofrecerá hoxe sábado 9 marzo no Teatro Principal un concerto dentro do ciclo Sons13.
Odaiko Percussion Group toma o seu nome del odaiko, unha variante moi voluminosa do tambor tradicional xaponés, o taiko
A próxima cita de Sons (mércores 13 marzo) traerá a Coetus Orquestra de Percusión Ibérica (Barcelona) & Eliseo Parra (Valladolid) ao Teatro Principal.
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou esta mañá no Teatro Principal, ‘Odaiko and friends’ acompañado de Juan Collazo, músico, director artístico e responsable da idea, unha proposta de percusión no Sons13.
A percusión dende sempre foi o amigo inseparable das danzas, rituais, traballos no campo…. Por este motivo Odaiko vese na obriga de seguir manténdose fiel a tradición e colorear as súas percusións coa presencia de dous amigos, a voz e a gaita. Para este espectáculo o grupo conta coa colaboración de artistas como Anxo Lorenzo, Coro da Rá, Nova Galega de Danza e Antía Lameiro, unha nena de 12 anos de Aríns, que seguro será sorpresa e descubrimento e que complementan un espectáculo que vamos a disfrutar.
Este proxecto ademáis servirá de presentación no Teatro principal o primeiro DVD que Odaiko saca ao mercado, e que leva o nome de “live”, pola importancia que para os seus membros ten o directo.
Músicos: Felix Rodriguez, Juan Collazo, Francisco Troncoso, Antonio Ocampo.
Música: Adrian Saavedra
Idea e dirección artística: Juan Collazo
As entradas venderanse a 7 euros nos puntos de venda habituais: Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario