Matrioska Teatro estrea no Teatro Principal da Estrada o seu primeiro espectáculo: Cést la vie
Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo –actrices experimentadas no teatro galego lánzanse xuntas á aventura de crear unha nova compañía: Matrioshka Teatro, na que, con
vocación de permanencia, apostan por espectáculos contemporáneos, creativos, cheos de
poesía e sentido do humor e artísticamente arriscados
Na súa primeira montaxe, C’est la vie, as tres interpretan unha peza na que nos falan do tempo dende múltiples puntos de vista inauditos e sorprendentes.
Amáis de contar coa sólida dirección de Marta Pazos, Matrioshka alíase cun equipo
artístico entusiasta, creativo e talentoso co que C’est la vie medra vizoso e sutil diante da
mirada dun espectador permantentemente sorprendido.
As funcións no Teatro Principal da Estrada terán lugar o sábado 9 de marzo ás 21h. e o
domingo 10 ás 19h. O sábado, ao remate da función, todos os asistentes poderán desfrutar
dunha pequena xuntanza de celebración xunto con equipo de Matrioshka no propio teatro.
O prezo das entradas é de 6€ para o público en xeral e de 5€ para todos os parados,
estudantes ou xubilados que acrediten esa condición e poderanse retirar na taquilla dende
unha hora antes da función.
Actúan: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
Dirección: Marta Pazos
Deseño de vestiario e coreografía: Uxía P. Vaello
Xastra: Cloti Vaello
Escenografía e Atrezzo: Maraña
Maquillaxe e Perruquería: Trini F. Silva
Iluminación e Son: Javier Quintana
Fotografía: Inés Salvado
Deseño: Maraña
Produción: Matrioshka Teatro
Distribución: Culturactiva

Ningún comentario:
Publicar un comentario