Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA MULLER. Amosar todas as publicacións

Casa das Crechas - Cata de libros e Viños adicada as adegueiras

Hoxe a Cata de Libros e Viños Galegos está dedicada no Día das Mulleres ás adegueiras que fan viño no país (21h). Asistirá, da man de Vide Vide, Ana Maria Gadín González, responsable da adega Atrium Vitis de Quiroga (D.O. Ribeira Sacra) e poderemos probar os viños Silius V.O.S. branco (fóra de denominación de orixe) e Quinta Toucedo mencía barrica 2014.

Pola banda dos libros estará Areta Bolado actriz e dramaturga. É unha das cofundadoras da compañía teatral A panadaría, coa que gañou o Premio María Casares a Mellor Actriz Secundaria no ano 2015 e este ano opta de novo a varios galardóns. 

E despois das 23 horas haberá unha sesión DJ especial con músicas do mundo a través dos sons das mulleres.


Martes 8 21h 
CATA DE LIBROS E VIÑOS GALEGOS
Con Pepe Carreira Entrada de balde previa reserva (reservascrechas@gmail.com)

Silleda - Día da Muller

Silleda celebrará o Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro venres, cun acto institucional no que o eixo principal será o programa Creadoras, promovido dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda.

O acto celebrarse na Casa da Cultura e comezará ás 20:30 horas coa actuación de María Eugenia Gil, María Lorenzo, Raúl Barrial, Luisa Blanco, Nerea Villamayor, e Marcos Varela, membros do grupo de oboes e fagots da Escola de Música de Silleda, que interpretarán tres categorías da composición “Divertimento” do compositor checo Johann Baptist Vanhal. 

Ás 20:50 está prevista a lectura do manifesto pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Pili Peón, que dará paso á proxección de Creadoras.

Esta serie audiovisual que se retoma este ano, ten como finalidade a difusión do traballo e a opinión de distintas veciñas do municipio, transmitindo tamén a cultura do pobo de Trasdeza. A restauradora Consuelo Sánchez Diéguez, a gandeira María Canda Fernández, a biotecnóloga María Rita García García, e as irmáns María, Lorena e Belén Rivas Torres, propietarias dunha asesoría, amosan neste traballo as súas 

formas de creación, de traballo, ou a súa opinión sobre a igualdade de xénero, aventura emprendedora, a violencia contra as mulleres…

O acto pecharase co pase de fotografías da viaxe organizada polo CIM o pasado ano e que, co fin de favorecer e potenciar a presenza e participación das mulleres de Silleda en tódolos ámbitos da vida cultural do municipio, facilitándolles a posibilidade de vivir e coñecer a historia e o patrimonio cultural de outros países e rexións, levou a París o pasado mes de novembro a 55 veciñas do municipio.

“Con este acto Silleda volve render homenaxe á muller no 8-M, personificando nas protagonistas da serie Creadoras o seu traballo diario e a súa loita pola igualdade de oportunidades”, sinala a concelleira Pili Peón.

USC - Día da Muller

A Universidade de Santiago conmemora esta semana con numerosas actividades o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O acto central será na tarde deste martes, ás 17.00 horas no Salón Nobre de Fonseca, co recoñecemento do labor do Servizo de Normalización Lingüística(SNL) da USC en prol da igualdade. 

Será Manuel Núñez Singala, director do SNL, quen reciba de mans do reitor Juan Viaño unha placa coa mención honorífica que recoñece o apoio deste servizo ao compromiso da USC coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través da formación en linguaxe non sexista dirixida ao PAS e o PDI, o seu asesoramento para o uso dunha linguaxe inclusiva e, sobre todo, coa elaboración dunha guía de criterios dunha linguaxe non sexista.

Neste acto oficial participan ademais a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Mª do Carme Silva Domínguez; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Mª Dolores Álvarez Pérez; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois González; e a secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

(IN)VISIBLES

Á celebración do Día Internacional da Muller súmase tamén este martes o alumnado do Mestrado en Formación do Profesorado das especialidades de Música e Artes Plásticas e Visuais, que realizará unha intervención artística no vestíbulo e na biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) que xogaco concepto de feminización da historia.

(IN)VISIBLES é un proxecto interdisciplinar que trata a igualdade de xénero e pretende visibilizar á muller na historiografía. A idea parte da intervención duns libros da biblioteca, que terán entre as súaspáxinas fichas de vida e obras de mulleres artistas coas que o lector poderá descubrir gran cantidade de mulleres ignoradas e invisibilizadas e ser consciente da súaresponsabilidade como transmisor dunha historia que aposte pola inclusión da igualdade de xénero.

Pola súa banda, na entrada da facultadehaberáunha exposición de obras de artistas, tanto mulleres como homes, colgadas en pinzas sobre fíos granates e sennome, co propósito de pór o valor na obra e non no xénero da persoa que a creou. Para ampliar a información, créase unha cartela que relaciona as imaxescosnomes dos artistas e das artistas que se presentan na mesma.

Desde o vestíbulo ata a biblioteca encontrarase ese fío condutor que une os dousespazos e guía os espectadores cara ao estante onde se atopanintervidos os libros para a súa consulta. Deste fío colgarán bragas con nomes de artistas femininas gravados.

Mostras en Química e na Intercentros

Xa dende este luns 7 e ata o día 18 a Facultade de Química acolle a mostra bibliográfica ‘Mulleres na química’, unha escolma dos fondos da Biblioteca da facultade que dá conta do importante papel das mulleres no pasado e no presente da investigación química. Recóllense nela obras relacionadas co papel da muller na historia da ciencia en xeral e da química en particular, outrasescritas por mulleres españolas ouestranxeiras eunha vitrina contraballos de investigación realizados por investigadoras da Facultadecompostelá.

Ademais, do 17 de marzo ao 7 de abril a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo será o centro que acubille a exposición dos Premios María JosefaWonenburgerPlanellsque entrega dende 2007a Unidade de Muller e Ciencia. Unha mostra itinerante polos 7 campus universitarios galegos coa que se pretende visibilizar as contribucións feitas por estas científicas e tecnólogas galegas e así dar a coñecer entre a comunidade universitaria o seu traballo. O percorrido pecharase no Campus de Santiago no mes de xuño.

Colexio Oficial de Psicoloxía - O Colexio alerta da progresión do 'posmachismo'

O "posmachismo" ou o "neomachismo" é un discurso que está a coller forza na sociedade e que impide o avance da igualdade entre homes e mulleres na nosa sociedade, alerta o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. "Busca confundir con argumentos demagóxicos, asegurando que a intención do feminismo é atacar ao home; aínda que a intención real é clara: que as cousas queden como están", recollen nunha declaración feita pública neste día.

Neste sentido, desde esta corporación que representa a preto de 3.000 psicólogos e psicólogas en Galicia, defenden o obxectivo das políticas de igualdade, que é a abordaxe das consecuencias dunha desigualdade estrutural entre homes e mulleres sostida no tempo, xustificada e normalizada. "A rebelión posmachista non busca máis que frear o avance da conquista de dereitos por parte da muller, é dicir, manter o status quo do home", sinalan.

"O desequilibro estrutural entre homes e mulleres é unha débeda histórica, é unha herdanza recibida que non podemos asumir e sentar a esperar a que amaine paulatinamente pola súa conta co paso de xeracións e xeracións, porque co tempo perdido vanse tamén vidas que merecen ser vividas coas mesmas oportunidades e, desde logo, sen medo", reflexionan. Ao mesmo tempo, fan ver exemplos da violencia normalizada que sofre a muller só pola súa condición de muller, como a fenda salarial, a explotación sexual ou a duplicidade da xornada (no traballo e no fogar).

Para o COPG, esta desigualdade é unha das maiores inxustizas na sociedade, xa que afecta directamente á metade da poboación, polo que reclaman recursos e políticas dirixidas a un equilibrio entre homes e mulleres. "Esa presunta neutralidade que cuestiona tales accións beneficia ao patriarcado, a quen loita por manter os seus privilexios. Ignoremos e desmontemos ese discurso politicamente correcto, loitemos pola igualdade e un día non serán necesarios os incentivos nin as políticas", conclúen na devandita declaración.

A "demagoxia do posmachismo" é intolerable diante do que é unha cuestión de xustiza e dignidade. A violencia machista non pode homologarse a outros tipos de violencia, indican, "porque se está negando a submisión á que se somete ás mulleres por parte do poder estrutural do patriarcado, e alúdese intencionadamente ás manidas e insignificantes denuncias falsas ou a agresións de mulleres ás súas parellas, expoñendo ás mulleres como manipuladoras, mentireiras e mesmo asasinas". Esa mestura ignora a súa orixe e prolonga a súa existencia, indican desde o COPG.

Frades - Día da Muller

Uns corenta veciños e veciñas de Frades, entre os que había unha vintena de nenos e nenas, participaron esta fin de semana na representación do espectáculo “A viaxe de Rosalía”, coa que o Concello de Frades conmemorou o Día da Muller. Un espectáculo de monicreques, organizado polo programa de dinamización lingüística FalaRedes, que iniciou no multiúsos de Frades unha xira que o levará por outros trece concellos galegos durante os meses de marzo e abril.

Os nenos e nenas de Frades disfrutaron moito do espectáculo, que combina monicreques de mesa e música, e que está inspirado na figura de Rosalía de Castro. De feito, unha vez rematado o espectáculo, achegáronse á actriz e titiriteira Larraitz Urruzola para interesarse polo funcionamento dos monicreques. “A viaxe de Rosalía” é un espectáculo de 45 minutos que ten como fío condutor a Francisca Campo, que conta a historia da súa afillada: Rosalía de Castro, facendo así un achegamento á personalidade da que máis tarde se convertería na escritora máis recoñecida da nosa literatura. 



Arzúa - Día da Muller

Arzúa rinde homenaxeao Día da Muller cunha celebración moi especial. A Concellería de Benestar Social, da que é responsable a concelleira Aurora Varela, procurou para esta edición poñer en marcha unha programación que fagamáis visible ao longo do ano a importancia do 8 de marzo. 

Así, ao longo dos vindeiros días (8, 9 e 10 de marzo) terá lugar en Arzúa un obradoiro de pintura que baixo o título de “As mulleres pintamos moito” sacará a relucir o importante traballo das mulleres en todos os ámbitos da vida, é unha posta en valor e un recoñecemento á dignidade da muller.

Ademaisdesteobradoiro, que se celebrará no Recinto Feiral Terra do Queixo en horario das 17.30 horas ás 20.30, o Departamento de Benestar Social tamén ten previsto o reparto de pegatinas e carteispor todo Arzúa, trátasedun material confeccionado con motivo deste día tan sinalado e que baixo o lema “365 días son 8 de marzo” pretende concienciar á sociedade do papel relevante da mullerao longo da historia e en todos os ámbitos da vida. 

Estes días taméntivo lugar o reparto de globos nos diferentes centros escolares da vila (CEIP, Nosa Señora do Rosario, IES e Escola Infantil) coa idea de que os nenos e nenas de Arzúa escriban neles frases relacionadas coa importancia da mullernas diversas facetas da súa vida. 

A Concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, salientabaestamañá a importancia “de programar actos e actividades que reivindiquen e fagan visible a importancia da muller nos diferentes ámbitos da vida” e destacou que “o máis importante é que se tome conciencia de que todos os días do ano son 8 de marzo; que as mulleres importamos e somos pezas clave da sociedade non só un día senón os 365 días do ano”, ao tempo aproveitou para reivindicar unha “maior implicación das empresas e das administraciónsna consecución dunhaigualdade real entre os dousxéneros”.

Brión - Día da Muller

O Concello de Brión aproveitará a conmemoración mañá martes 8 de marzo do Día Internacional da Muller para poñer en marcha un Punto de Interese sobre Igualdade na Biblioteca Municipal. Unha iniciativa que estará conformada por unha escolma de documentos bibliográficos e audiovisuais sobre a igualdade social entre mulleres e homes, así como a prevención da violencia de xénero.

Este material, independentemente do seu formato, estará accesible de xeito permanente a toda a cidadanía e estará dispoñible tanto para consulta en sala como para empréstito a domicilio. Este Punto de Interese sobre Igualdade actualizarase ao longo do ano coas incorporacións procedentes das propias coleccións da biblioteca, novas adquisicións e doazóns de institución ou particulares. Así mesmo, o punto contará cunha caixa de suxestións e un “Muro da igualdade”·, onde os visitantes poderán deixar mensaxes relacionadas coa igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

A posta en marcha deste Punto de Interese sobre Igualdade é a primeira das accións que o Concello de Brión ten previsto desenvolver ao longo do 2016 en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero. A próxima será a presentación do III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres, que está a ultimar o Departamento de Servizos Sociais, así como a difusión das conclusións e da avaliación do plan anterior. Entre os proxectos previstos neste novo plan figura a creación e difusión dunha “Guía de linguaxe non sexista”, especialmente dirixido á Administración municipal.

Oroso - Día da Muller

O Concello de Oroso conmemorará o Día Internacional da Muller con tres actividades: dúas abertas a toda a veciñanza e outra dirixida especialmente aos escolares, conscientes “da importancia dunha educación en igualdade como base para resolver conflitos de xénero”, indica a concelleira da Muller, María del Carmen Liste. Así, hoxe martes 8 de marzo o auditorio do centro cultural de Sigüeiro acollerá dúas sesións de teatro infantil dirixidas ao alumnado do CEIP Sigüeiro (10:30 horas) e do CEIP Oroso (12:00 horas). Baixo o título “Somos iguais”, a representación achegará aos rapaces e rapazas de Oroso unha mensaxe a prol da igualdade entre homes e mulleres, así como o moito que aínda falta por avanzar neste eido.

O acto aberto ao público terá lugar este venres 11 de marzo, ás 19:00 horas. O centro cultural de Sigüeiro acollerá o acto de entrega dos premios do Concurso de Fotografía “Muller Traballadora”, que este ano chega á súa sexta edición. Un acto que contará cunha actuación musical a cargo do alumnado da Aula de Música de Oroso. A entrada é totalmente libre e de balde.

USC - Día da Muller

A Universidade de Santiago conmemorará o Día Internacional das Mulleres con varios actos que se estenden máis aló da propiadata, o 8 de marzo, cando terá lugar o acto central no que se recoñecerá o labordo Servizo de Normalización Lingüísticada USC en prol da igualdade. Este acto central será o martes ás 17.00 horas no Salón Nobre de Fonseca

Previamente, dende o luns 7 e ata o día 18 a Facultade de Química acollerá a mostra bibliográfica ‘Mulleres na química’,unha escolma dos fondos da Biblioteca da facultade que dá conta do importante papel das mulleres no pasado e no presente da investigación química.

Ademais, do 17 de marzo ao 7 de abril a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo será o centro que acubille a exposición dos Premios María JosefaWonenburgerPlanellsque entrega dende 2007a Unidade de Muller e Ciencia.Unha mostra itinerante polos 7 campus universitarios galegoscoa que se pretende visibilizar as contribucións feitas por estas científicas e tecnólogas galegas e así dar a coñecer entre a comunidade universitaria o seu traballo.O percorrido pecharase no Campus de Santiago no mes de xuño.

Teo - Día da Muller


Ames - Día Internacional da Muller

O Concello de Ames prepárase para sumarse á conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora. Esta mañá a colocación dunha pancarta nun dos balcóns da Casa do Concello daba pé ao inicio dunha serie de actividades que comezan hoxe en torno á reivindicación, feita dun xeito especial en vistas ao día 8 de marzo, dunha maior igualdade na sociedade. "Ames pola igualdade" é o lema desta campaña que terá o seu acto central o martes, 8 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro.

O Concello de Ames manifestou hoxe o seu apoio á manifestación convocada este domingo 6 de marzo en Santiago de Compostela pola Plataforma Feminista Galega. A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade Luísa Feijóo invita á veciñanza "a participar e acudir á marcha que sairá da estación de tren compostelá, ás 12:00 horas, e que vai percorrer a cidade para desembocar na praza da Quintana". 

Os actos programados para conmemorar o Día da Muller comezaron esta mañá. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, acompañada doutros membros do goberno municipal, reuníronse na Casa do Concello, en Bertamiráns, para colocar unha pancarta na fachada co lema "Contra as violencias machistas". 

A próxima semana terá lugar, o luns 7 de marzo, a primeira reunión da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia Machista. Trátase dun organismo, creado o pasado mes de xaneiro, que conta con representación de todos os ámbitos implicados directa ou indirectamente na loita contra a violencia de xénero no municipio de Ames. Os e as representantes reuniranse nas instalacións do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. 

O día 8 de marzo, data na que se celebra o Día Internacional da Muller Traballadora, terá lugar un acto na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas. Este acto servirá tamén para homenaxear á falecida Carmen Feteira, primeira concelleira de Servizos Sociais de Ames.

Foron invitadas á gala as mulleres que ocuparon o cargo da concellería relacionada cos servizos sociais e as políticas de igualdade previamente a Luísa Feijóo, que considera á súa experiencia fundamental para comprender o papel que o Concello pode xogar na loita contra a desigualdade e a violencia machista. As voces destas mulleres servirán ademais para ilustrar o papel da muller na política e como mudou co paso dos anos. 

Ademais, neste acto daranse a coñecer os nomes dos gañadores/as do Concurso de Marcapáxinas "Día Internacional da Muller", no que participaron esta semana os nenos e nenas dos centros públicos amesáns. Baixo a temática da muller o alumnado tivo que decorar os marcapáxinas, entre os cales serán expostos nas Casas da Cultura amesás os escollidos polo xurado. Os nenos ou nenas cuxos traballos sexan seleccionados recibirán como premio material escolar e un diploma.

Ames Radio contará cunha programación especial

A emisora de radio municipal, Ames Radio, vólvese sumar á conmemoración dunha data sinalada preparando unha programación especialmente pensada para acompañar o festexo do Día Internacional da Muller Traballadora. As condutoras da programación entrevistáronse estas semanas con decenas de veciños e veciñas de Ames, nunha serie de reportaxes e entrevistas que se retransmitirán ao longo da vindeira semana. Cincuenta mulleres e homes de todas as idades prestaron as súas voces para gravar os indicativos que se poderán escoitar en Ames Radio, nos que recitan textos de distintas pensadoras e activistas a prol da igualdade de dereitos. 

Unha das entrevistas tráelles aos ouvintes a voz de Ana Viqueira, xornalista de investigación na páxina de Feminicidio.net e veciña deste municipio. O colectivo de traballadoras e traballadores do Centro de Información da Muller (CIM) de Ames tamén falará na radio municipal. A reportaxe explicará o día a día desta institución e dos obradoiros, charlas e actividades que organiza ou apoia para conseguir un impacto positivo na sociedade amesá apoiando a igualdade de xénero. 

As actividades organizadas polo profesorado dos centros escolares amesáns tamén terán o seu espazo radiofónico. Os espazos consolidados da grella de Ames Radio, "Memoria de Ames" e "Palabreando", adicaralle o seu tempo a falar do papel da muller e da súa evolución. Esta evolución será analizada tamén polos amesáns e amesás en entrevistas a pé de rúa, nas que a veciñanza reflexionará "os pasos dados para conseguir a igualdade de xénero e os pasos que quedan por dar". No eido concreto da política local "os pasos dados" serán avaliados polas invitadas á gala do Día da Muller este 8 de marzo, mulleres que ocuparon os cargos de concelleiras de Servizos Sociais e que en Ames Radio falarán das súas experiencias vitais.

Mancomunidade de Ordes - Conmemoración do Día Internacional da Muller

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes súmase á conmemoración que administracións, institucións, entes, asociacións e todo tipo de organismos levarán a cabo o vindeiro martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 

Por isto cada un dos sete Concellos que a integran veñen de manifestar a súa adhesión ao manifesto asinado dende o Centro de Información á Muller (CIM) comarcal no que se condenan a discriminación en materias como “a ocupación laboral, realidade salarial e diversas formas de explotación que sofre a muller en todo o planeta; as agresións sexuais e a violencia de xénero, e as sobrecargas sociais e familiares que a día de hoxe seguen lastrando o seu desenvolvemento persoal e profesional”. O texto tamén fai fincapé na “feminización da pobreza, a invisibilidade da muller en importantes ámbitos de poder e prestixio, e, ao contrario, a súa visualización como obxecto de comercio”.

Dende a Mancomunidade de Ordes apoiase así a campaña da ONU cuxo lema para este ano é “Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero”. O obxectivo é reflexionar sobre como acelerar e impulsar a aplicación efectiva da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Así mesmo, centrarase nos novos compromisos dos gobernos baixo a iniciativa “Deamos o paso” da ONU Mulleres e outros compromisos existentes en materia de igualdade de xénero, o apoderamento e os dereitos humanos das mulleres. 

Ademais disto tamén se fai un chamamento á xuntanza de forzas e a concienciación para seguir “conquistando e consolidando posicións, sen esquecerse dos colectivos de mulleres que merecen unha consideración especial pola súa vulnerabilidade: mulleres con diversidade funcional, mulleres rurais, mulleres inmigrantes ou mulleres mozas e de todas aquelas que día a día se enfrontan a un muro de dificultade no seu contorno mais cotián”.

‘Fai unha foto e únete a nós’

Por outra banda a ata o vindeiro 8 de marzo continuará aberta a campaña ‘Por un planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso pola igualdade de xénero’. As persoas que queiran poderán enviar unha fotografía na que apareza algunha muller no seu posto de traballo ou en calquera situación cotiá ao evento creado especialmente para a ocasión na páxina de Facebook do CIM de Ordes (http://on.fb.me/1RkoDBA).

Con todas as imaxes recibidas confeccionarase un mosaico que aparecerá no cartel da campaña e nas redes sociais. Con esta proposta a Mancomunidade de Ordes pretende fomentar a campaña promovida pola ONU e que insta a Gobernos e institucións a traballar en prol da igualdade de oportunidades e dereitos para as mulleres e as nenas. Pasos que se traduzan na promulgación de leis, marcos normativos, políticas e plans de acción tanto nacionais como internacionais que veñan acompañados de investimentos adecuados. Con esta idea tamén se lles quere dar visibilidade a tantas e tantas mulleres do municipio ordense e doutros lugares que realizan unha actividade fundamental para o desenvolvemento social, económico, político, humano etc.

Manifesto

O 8 de marzo é unha data para a conmemoración, a denuncia e a reivindicación da plena igualdade entre mulleres e homes en todas as ordes da vida en todo o mundo. 

O Día Internacional da Muller xurdiu das actividades dos movementos obreiros a finais do século XX en América do Norte e Europa. Dende entón, o Día Internacional da Muller adquiriu unha dimensión global para as mulleres dos países desenvolvidos . O crecente movemento internacional das mulleres, fortalecido por catro conferencias mundiais das Nacións Unidas sobre a muller, axudou a que a súa conmemoración ofreza a oportunidade de incrementar o apoio aos dereitos e á participación das mulleres nas esferas política e económica. 

Estamos aínda moi lonxe deste e doutros moitos obxectivos, como o evidencian anualmente os datos de ocupación laboral, realidade salarial e diversas formas de explotación que sofre a muller en todo o planeta; as agresións sexuais e a violencia de xénero, e as sobrecargas sociais e familiares que a día de hoxe seguen lastrando o seu desenvolvemento persoal e profesional. 

A feminización da pobreza, a invisibilidade da muller en importantes ámbitos de poder e prestixio, e, ao contrario, a súa visualización como obxecto de comercio, son tres eixes dun mesmo fenómeno de minusvaloración que condicionan o avance cara a unha sociedade de plena igualdade, na que mulleres e homes poidan decidir e planificar as súas vidas conforme a criterios de autonomía, xustiza e liberdade. 

Dende a Mancomunidade de Ordes apoiamos a campaña da ONU cuxo lema para este ano é “Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero”. O obxectivo é reflexionar sobre como acelerar e impulsar a aplicación efectiva da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Así mesmo, centrarase nos novos compromisos dos gobernos baixo a iniciativa “Deamos o paso” da ONU Mulleres e outros compromisos existentes en materia de igualdade de xénero, o apoderamento e os dereitos humanos das mulleres. 

As mulleres conseguimos moitos logros, inimaxinables hai só unhas décadas, pero entendemos que hoxe máis ca nunca debemos mirar cara adiante e dar sentido a este Día, co noso compromiso nunha proxección positiva de nós mesmas, xuntarmos forzas e concienciármonos de que imos seguir conquistando e consolidando posicións, sen esquecérmonos dos colectivos de mulleres que merecen unha consideración especial: mulleres con diversidade funcional, mulleres rurais, mulleres inmigrantes ou mulleres mozas e de todas aquelas que día a día se enfrontan a un muro de dificultade no seu contorno mais cotián.

Santiago - 6 actividades para conmemorar o Día da Muller

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa as actividades que conformarán o proxecto Compostela, territorio das mulleres, que se desenvolverán con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Serán seis as actividades que se realizarán no marco desta iniciativa e durante varias semanas.

Marta Lois estivo acompañada de Lucía Canoura, coordinadora técnica, e Uqui Permuy, deseñadora gráfica. Ambas participaron tamén da campaña 25N. Compostela en Negro, promovida pola Concellaría de Igualdade con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Marta Lois destacou que "dende o Concello consideramos que eses esforzos por converxer nas actuacións encamiñadas á promoción da igualdade deben basearse en traballar cunha perspectiva máis ampla e moito máis aló dun só día. Neste marco, propoñemos o desenvolvemento dunha campaña que abrangue varios meses, co obxectivo de traballar con diferentes colectivos e axentes sociais de Compostela para promover sinerxias e fomentar a participación social no deseño e execución do proxecto Compostela, territorio das mulleres.

Por iso o proxecto busca implicar aos sectores sociais e económicos de Compostela na construción dunha cidade máis accesible, máis inclusiva e máis igualitaria.

Mapa feminista de Compostela 

Co obxectivo de impulsar a creación da marca Compostela, territorio das mulleres crearase un mapa que servirá para, por unha banda, poñer en valor lugares e espazos que teñen relevancia no relato histórico das mulleres da cidade e, por outra, apoiar e promover aos axentes sociais e económicos que fan unha aposta pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en Compostela.

Comezarase por abrir o proceso ao sector da hostalería e o turismo de Compostela, para que valoren que contidos poderían incorporar, dende esta perspectiva, nas súas prácticas e espazos, compromisos que se farán públicos a través do mapa. Ao mesmo tempo, o mapa servirá para explorar unha dimensión turística orientada a facer de Compostela unha cidade women friendly, cuxo selo axudará na consolidación da capital galega como destino turístico.

Galadas 

Co fin de festexar o 8 de Marzo e de presentar Compostela, territorio das mulleres, terá lugar un espectáculo multidisciplinar o día 5 de marzo, na Sala Capitol, dirixido por Mercedes Peón e en colaboración con diferentes mulleres de diversas disciplinas artísticas: Janet Novás, Mónica de Nut, Lucía Aldao, Yolanda castaño, Ana García e o broche final das Tocadoras de Toutón.

Un espectáculo apoiado na intervención sonora e visual mediante danza, vídeo e performance, que servirá para compartir con todas e todos o comezo desta aventura. A entrada será de balde e poderá recollerse no portelo de entradas da Sala Capitol.

Literarias 
A través desta iniciativa convidarase ás librarías e editoriais de Compostela a que se impliquen na promoción da igualdade de xénero. Concretamente, propónselles que destaquen nos seus escaparates, zonas visibles, tendas en liña, redes sociais e páxinas web, escolmas de libros escritos por mulleres e/ou de pensamento feminista. Trátase de poñer en valor a escritura de autoras -a través da poesía, a literatura, o teatro, o ensaio, a banda deseñada, etc- que fomenten os dereitos das mulleres, visibilicen a loita feminista e permitan ollar máis aló dos estereotipos sexistas. Está previsto o seu desenvolvemento do 1 ao 10 de marzo.

Camiños da Auga. Fontes e lavadoiros 

Antigamente, as mulleres carrexaban auga para achegala a determinados lugares. A intención é visitar algunhas das fontes máis emblemáticas da cidade e falar doutras que están noutros lugares, ou que xa non existen. Ao redor delas achegarémonos á historia das mulleres e do seu labor cotián. O paseo das fontes está previsto para o 13 de marzo.

O 17 de abril tamén se realizará un paseo por varios lavadoiros de Compostela, falando sobre os usos que lles daban as mulleres. Ámbolos dous paseos estarán guiados pola palabra de Encarna Otero.

Vida propia 

Co obxectivo de mellorar a posición social das mulleres de Compostela que viven en contornas rurais, coa posta en marcha do Programa Vida Propiapreténdese crear espazos de encontro que contribúan á autonomía das mulleres e ao desenvolvemento da súa plena cidadanía. Espazos para reflexionar sobre o seu papel na sociedade, as súas achegas, que sirvan para configurar a autoría da súa propia vida, desenvolvendo estratexias para aumentar a capacidade de decisión en diferentes ámbitos, crear novos espazos, xestionar os tempos e, en definitiva, valorar a vida propia.

Premio Xohana Torres 
O 8 de marzo abrirase o prazo de convocatoria do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual. Trátase da recuperación dun premio, interrompido en 2012, cuxos case 20 anos de vixencia o converteron nun símbolo da cidade.

Estase traballando para que todas estas dinámicas teñan un fío condutor a nivel visual e tamén a través dunha plataforma participativa dixital, cuxa implementación irá máis aló do mes de marzo para permitir recoller as suxestións e as opinións da cidadanía sobre o Mapa de Compostela. Na páxina web do Concello poderase consultar a información actualizada respecto de cada unha destas actuacións. Ademais, distribuirase material de difusión das mesmas en boa parte dos establecementos da cidade.

Mancomunidade de Ordes - Campaña polo Día da Muller en redes sociais

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acaba de poñer en marcha unha nova iniciativa co gallo de Día Internacional da Muller, o cal se celebrará o vindeiro 8 de marzo. Promovido polo CIM novamente as redes sociais, concretamente a través do seu Facebook, será a ferramenta fundamental para poder participar. Durante o mes de febreiro as persoas que queiran poderán enviar unha fotografía na que apareza algunha muller no seu posto de traballo ou en calquera situación cotiá ao evento especialmente creado para a ocasión, ‘Por un planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso pola igualdade de xénero’ (http://on.fb.me/1RkoDBA).

Con todas as imaxes recibidas confeccionarase un mosaico que aparecerá no cartel da campaña e nas redes sociais. Con esta proposta a Mancomunidade de Ordes pretende promocionar a campaña promovida pola ONU e que insta a Gobernos e institucións a traballar en prol da igualdade de oportunidades e dereitos para as mulleres e as nenas. Pasos que se traduzan na promulgación de leis, marcos normativos, políticas e plans de acción tanto nacionais como internacionais que veñan acompañados de investimentos adecuados. Con esta idea tamén se lles quere dar visibilidade a tantas e tantas mulleres do municipio ordense e doutros lugares que realizan unha actividade fundamental para o desenvolvemento social, económico, político, humano etc.

Por outra banda tamén se dou a coñecer xa o nome da gañadora do concurso ‘Rosalía verso a verso’, promovido conxuntamente polo CIM e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade. Mónica Cores recibirá mañá os libros e material audiovisual ao acadar o seu post o maior número de ‘gústame’ de todos os enviados ao evento creado na páxina do CIM. Unha entrega que terá lugar no charla-obradoiro que se celebrará mañá e que versará sobre a visión máis reivindicativa da poeta galega en materia de dereitos para as mulleres. Con todo isto a Mancomunidade de Ordes quere promover e achegar a figura e obra de Rosalía de Castro nun ano no que se celebra o 179 aniversario do seu nacemento.

Ames - Día da Muller (inclue audio do manifesto)

Ames conmemorou hoxe o Día Internacional da Muller coa lectura dun manifesto diante da Casa Consistorial. Ao acto, que comezou ás 14:00 horas, acudiron medio cento de persoas entre representantes dos grupos políticos municipais, membros das asociacións de nais e pais de alumnos, corpos de seguridade e voceiros de distintas asociacións locais, como a recentemente constituída Asociación Cultural de Mulleres de San Xoán de Ortoño.

O alcalde, Santiago Amor, iniciou a súa intervención destacando a importancia de “tratar por igual a calquera persoa, con independencia do seu sexo”. Amor sinalou que as políticas sociais do goberno amesán “están enfocadas en conseguir unha sociedade na que nenos e nenas, homes e mulleres, teñan as mesmas oportunidades”.

De seguido, a concelleira de Igualdade e Muller, Ana Ruso, leu o comunicado institucional -que lembra a Declaración de Beijing de 1995- facendo fincapé na necesidade de “consolidar políticas públicas que promovan en todos os ámbitos da vida local modelos de igualdade”. O manifesto citaba tamén a responsabilidade que deben asumir as Administracións de cara a potenciar a participación das mulleres en todos os ámbitos da vida política, económica, social e laboral.


Por último, Ruso fixo referencia á “firme decisión” do Concello de Ames de reforzar as súas actuacións e colaborar con todas as institucións públicas e axentes sociais para promover a igualdade real entre homes e mulleres.

Oroso - Entre dos premios do V Concurso de Fotografía Muller traballadora

Preto dun cento de veciños e veciñas de Oroso participou na entrega de premios e inauguración da exposición do V Concurso de Fotografía Muller Traballadora, que tivo lugar na noite de onte no centro cultural de Sigüeiro. Un acto que estivo presidido pola concelleira de Muller, María del Carmen Liste Raña, e ao que asistiu o resto de concelleiros do grupo de Goberno, encabezados polo alcalde Manuel Mirás.

Liste Raña agradeceu a asistencia de tantas persoas a este acto, destacando a importancia de facer este tipo de conmemoracións de cara a seguir avanzando na igualdade de xénero. Así mesmo, fixo fincapé en que “o importante é traballar cos nenos, tanto na casa como na escola, pois eles son o futuro”. Neste sentido lembrou que durante a mañá se realizaron proxeccións de curtametraxes sobre a muller co alumnado do IES Oroso e dos CEIP Sigüeiro e CEIP Oroso.

Gañadores
A concelleira da Muller agradeceu a gran participación acadada nesta edición que, aínda que igualou o récord de 38 imaxes presentadas o ano pasado, finalmente só se admitiron 25 fotografías a concurso xa que as outras incumprían as bases do certame. Por segundo ano consecutivo, o cadro de honra foi completamente masculino. De feito, tan só catro mulleres inscribiron o seu nome entre os premiados deste certame nestes cinco anos e tan só unha, Ana Vanessa Gende na primeira edición, conseguiu gañalo.

O gañador dos 250 euros do primeiro premio foi Cristian Blanco Mosquera, de Oroso, pola súa obra “Lembranza”, unha instantánea dunha velliña costureira en pleno traballo. O segundo premio foi para José Luís Antelo Míguez, veciño de Sigüeiro, que levou 150 euros pola súa “Muller feirante”. Completou o podio o amiense Fernando Román Areán, premiado con 100 euros por “Romana”, un primeiro plano das mans dunha muller traballando. As tres imaxes, canda outras 22 instantáneas, poderanse visitar ata o próximo 20 de marzo na sala de exposicións do centro cultural Fernando Casas e Novoa.

Lindeiros - 8 de marzo Dia da Muller

En marzo de 1909 un grupo de residentes do concello de Silleda en Buenos Aires deciden forman unha sociedade de instrución para construír un centro de ensino primario na vila de Bandeira. A súa pedagoxía, inspirada nas correntes máis progresistas do momento, tiña como misión paliar a precariedade escolar que padecía a zona e, ao mesmo tempo,  mediante a promoción educativa e cultural dos máis novos evitar unha emigración forzosa.
FOMENTO DE LA INSTRUCIÓN GALLEGA, e despois LUX , naceu pouco máis tarde como voceiro da sociedade. Nas súas páxinas tratáronse, ademais dos netamente educativos, tems de carácter social e político relacionados coa Galicia do momento.


O seguinte texto esta sacado dunha edición facsimil publicada por Edicións Ir Indo e data do número do 15 de maio de 1910, 115 anos despois en moitas cousas seguimos igual



Ames - o concello conmemora este luns o Dia da Muller

Ames conmemora o Día Internacional da Muller coa lectura dun manifesto no que participarán todas as agrupacións políticas e as asociacións locais. Terá lugar este luns ante as dependencias municipais, que xa dende o pasado xoves locen un gran lazo morado para celebrar esta efeméride. O Concello de Ames fai un chamamento á participación cidadá para acudir ao acto que comezará ás 14:00 horas, no que se espera a asistencia de todos os grupos municipais. 

O manifesto, que lembra a Declaración de Beijing de 1995, expresa a firme decisión do Concello “por reforzar actuacións e colaborar coas institucións públicas de cara a promover a igualdade real entre homes e mulleres”. Así mesmo consideran “necesario” potenciar a participación das mulleres en todos os ámbitos da vida política, económica e social, promovendo a cooperación entre os gobernos locais e compartir experiencias en materia de igualdade. 

“As políticas activas de emprego destinadas ás mulleres e as actuacións que fomenten a conciliación e a corresponsabilidade resultan fundamentais”, engade o manifesto. A brecha de xénero persiste como síntoma da desigualdade e a violencia contra as mulleres continúa sendo unha “eiva a erradicar”, son outras mensaxes relevantes do texto que se lerá mañá de xeito compartido.

Colexio de Arquitectos, Dia da Muller

O Colexio de Arquitectos de Galicia súmase aos actos conmemorativos e reinvidicativos do Día Internacional da Muller que se celebrará mañá domingo, día 8 de marzo. A Xunta de Goberno traballa de continuo no campo da igualdade laboral no mundo da arquitectura, onde de maneira progresiva se van incorporando máis mulleres.

As mulleres representan actulamente un papel moi destacado no campo da arquitectura. Segundo datos do Colexio de Arquitectos de Galicia, un 51% dos estudantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) son mulleres, alcanzando a cifra de máis de 900 alumnas. O mesmo sucede a nivel colexial, onde un 31% dos colexiados galegos son mulleres, é dicir máis de 800 colexiados do colectivo son arquitectas. 

En apoio a esta efeméride, a entidade colexial deseñou un cartel con máis de cincuenta fotos de arquitectas galegas, encabezado co lema “Somos Arquitectas_Somos Mulleres”, que difundirá a través da súa páxina web e nas redes sociais:



Oroso - Os rapaces conmemoran o Dia da Muller

Máis de trescentos rapaces e rapazas de Oroso participaron ao longo desta mañá nunha actividade conmemorativa do Día Internacional da Muller, organizada polo Concello de Oroso e CortoEspaña. O alumnado o alumnado de 1º e 2º da ESO do IES de Oroso e o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Oroso e do CEIP Sigüeiro asistiron á proxección de cinco curtametraxes sobre a muller baixo o título xenérico: “Igualdade, diversidade, convivencia, respecto, non discriminación”. 

Os concelleiros de Ensino, Antonio Leira, e Muller, María del Carmen Liste, deron a benvida ao alumnado e convidárono a que o Día da Muller non se conmemore tan só unha vez ao ano, senón cada día. “Entre todos podemos conseguir unha sociedade mellor. Non é sinxelo, pero é unha pelexa do día a día”, explicoulles Antonio Leira. 

A actividade incluíu a proxección de cinco curtas: “Con la boca cerrada”, de Anna Farré; “It girl”, de Oriol Puig Playá; “Escúchame”, de David de la Torre; “Silencios”, de Jesús Méndez; e “Absolutamente personal”, de Julián Merino..

Exposición fotografía
Para esta noite está programada a entrega de premios do V Concurso de Fotografía “Muller Traballadora” do Concello de Oroso, que dará paso á inauguración dunha exposición coas imaxes recibidas no certame. Unha mostra que poderá visitarse no auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa ata finais de marzo.