SANTIAGO
9.00 h Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, preside a Comisión executiva da devandita entidade. A continuación, Consello de Administración. Declaracións ao remate. (13.00 h aprox.).
12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, acompañado por Miguel Costas e a súa banda, para presentar o concerto deste último na Sala Capitol o domingo 10 de marzo.
12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a nova imaxe da Concellería de Centros Socioculturais.
20.00 h No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega dos trofeos á Deportividade.
CORTE DE TRÁFICO
Con motivo das obras de canalización de gas pecharase ao tráfico a entrada ao barrio de Cornes pola rúa Escultor Camilo Otero dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo. A entrada e saída do barrio farase pola avenida de Vilagarcía.
ACTIVIDADES
EXPOSICIÓNS
Ningún comentario:
Publicar un comentario