Axenda martes 5 marzo - tráfico, exposicións, transfusión de sangue

SANTIAGO
11.30 h  No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o concerto de Odaiko, dentro de Sons 13. Na rolda tamén estará o músico Juan Collazo. 

12.00 h  Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para informar da presenza de Santiago na feira internacional de Turismo de Berlín (ITB).

CORTE DE TRÁFICO

Con motivo das obras de canalización para unha acometida de auga á altura do número 66 da rúa Sarela de Abaixo, é preciso pechar ao tráfico este vial o mércores 6 de marzo durante todo o día. Os residentes do nº 111 ata o nº 66 farán a entrada e a saída por Bar de Arriba e dende o nº 11 ata o nº 66, por Sarela de Abaixo.                                             


Con motivo das obras de canalización de gas pecharase ao tráfico a entrada ao barrio de Cornes pola rúa Escultor Camilo Otero dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo. A entrada e saída do barrio farase pola avenida de Vilagarcía.  

UNIDADES DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE
15762 NEGREIRA
UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE
15:30 - 21:00


ACTIVIDADES
Silleda - ITV agrícola en Laro   +INFO

EXPOSICIÓNS
Santiago - MUPEGA - Luces de Alén Mar - As escolas de americanos en Galicia   +INFO 

Teo - exposición "A muller innovadora na ciencia"   +INFO 

¿queres recibir cada día esta axenda e outras novas no teu correo? inscríbete aquí

Ningún comentario: