Ordes - inaugurase un curso impartido pola Federación Galega de Futbol

A Federación Gallega de Fútbol imparte un curso de técnicos especialistas en porteiros na cidade deportiva de Ordes
O presidente da Federación Gallega de Fútbol, José Liñares, e o alcalde de Ordes, Manuel Regos inauguraron este ciclo formativo. O obxetivo principal é amosar técnicas que incrementen o rendemento dos gardametas 

Máis de 45 asistentes participan dende onte no curso de técnicos especialistas en porteiros de fútbol. Un plan formativo teórico e práctico que se está a desenvolver na aula de formación e nos campos de xogo da cidade deportiva da Sociedade Deportiva Club Órdenes. As clases terán continuidade ao longo dos días 15 e 16 de marzo e a primeira fin de semana de abril. Impartido pola Escuela Gallega de Entrenadores de Fútbol, na súa inauguración contou coa presenza de José García Liñares, presidente da Federación Gallega de Fútbol, e tamén de Manuel Regos, alcalde de Ordes.

Entre os obxetivos que persegue este curso están os de dotar de coñecementos efectivos a profesionais e técnicos de fútbol para aplicalos tanto na formación e adestramento como na competición. Tamén se pretenden poñer en práctica as mellores técnicas e estratexias que integren a labor dos porteiros coa do resto dos xogadores e lograr así unha maior coexión entre todos os membros dun mesmo equipo. Para conseguir todo isto cóntase coa participación entre outros de José Samade ou Roberto Baleiro, adestradores de porteiros do Real Club Deportivo de La Coruña e do Club Deportivo Lugo respectivamente.

Ningún comentario: