Bng Santiago - celebracións Día da Muller

O BNG de Santiago anima a participar nos actos Día Internacional das Mulleres 
O lema do BNG do 8 de marzo é “A soberanía será feminista ou non será” para defender a autonomía das mulleres como alternativa a unha vida digna 
O BNG anima a sumarse ás mobilizacións convocadas para este 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, organizados en Santiago de Compostela. Haberá unha concentración o venres ás 20:00 horas na praza 8 de Marzo, na Porta do Camiño, e o sábado ás 12:30 partirá da estación de tren unha manifestación unitaria das organizacións feministas, das que fai parte o BNG. 

O lema do BNG nesta edición é “A soberanía será feminista ou non será” para defender a autonomía das mulleres como única alternativa para unha vida digna. 

Segundo recolle o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres, “neste 8 de marzo de 2013, as mulleres feministas que formulan a necesidade da corresponsabilidade no coidado das persoas e nas tarefas domésticas, que esixen un novo modelo social sen división do traballo en función do sexo e que propoñen un novo modelo social no que as persoas sexan o cerne das políticas públicas comprométense a seguir loitando para derrubar os muros que protexen os banqueiros e os corruptos; os especuladores e os que botan a outras persoas dos seus fogares, os que fan uso da violencia e criminalizan os movementos sociais”. 





Ningún comentario: