O CONCELLO DE ORDES ACEPTA A PETICIÓN DOS SOCIALISTAS E INVESTIRÁ 52.000 EUROS NA MELLORA DO ALUMEADO PÚBLICO NAS RÚAS NOVA E DOS LAGARTOS
Xesús Pedreira asegura que “dá cumprida resposta aos problemas que sofren os veciños” e adianta que as obras comezarán en novembro
O Concello de Ordes aceptou a petición presentada polos socialistas ordenses e investirá 52.675 euros en obras de mellora do alumeado público das rúas Nova e dos Lagartos, dúas das máis transitadas na Vila de Ordes. O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, celebra a decisión tomada esta mañá na Comisión de Urbanismo xa que “dá cumprida resposta aos problemas de luz que sofren os veciños da rúa dos Lagartos e da rúa Nova”.
As obras comezarán a executarse o vindeiro mes de novembro e estarán rematadas antes de finais de ano. Os traballos suporán a substitución das actuais luminarias por outras das mesmas características ás utilizadas no resto da vila. “As actuais luminarias non teñen moita capacidade lumínica e en moitas ocasións se apagaban pois lles entraba auga, o que motivou moitas queixas dos veciños que recollemos dende a Agrupación Socialista”, explica Pedreira Mirás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario