Ordes - a ITV para vehiculos agrícolas estará no concello en Outubro e Novembro


A ITV de vehículos agrícolas estará en Ordes nos meses de outubro e novembro
A ITV móbil de vehículos agrícolas volverá a visitar o Concello de Ordes. O punto de atención ó público ubicarase, tal e como é habitual, no mercado de gando de Mesón do Vento. Serán os días 24, 25 e 26 de outubro de 9 a 13.30 horas e de 15.30 a 18 horas. Tamén o 29 de outubro de 9 a 13.30 horas.

A mesma unidade de inspección estará tamén no polígono industrial de Merelle. Concretemente serán os días 30 e 31 de outubro e 5 de novembro de 9 a 13.30 horas e de 15.30 a 18 horas, mentres que o 6 de novembro atenderá ó público únicamente no horario de mañá antes especificado.
Os interesados xa poden solicitar cita previa no telefono 881920978.

Ningún comentario: