O concello de Melide ven de reunir a mesa de contratación co fin de adxudicar dúas obras no casco urbano.
Trátase da construcción da rede de pluviais na Praza do Instituto, Rúa Alvaréz Carballido, Otero Pedrayo, Taboada Roca, Amador Rodríguez entre outras.
Ademáis da rede da pluviais procedérase á canalización de pluviais na Avenida de Compostela. É unha actuación financiada entre a Deputación Provincial a través do PCC e o Concello de Melide ascendendo o importe total a 74.572,91 €.Melide, 20 de setembro de 2012.- Durante esta semana tiveron lugar as xuntas para a celbración da Mesa de Contratación co fin de seguir o procedemento estipulado pola lei de contratos do sector público para a contratación de dúas obras no Concello de Melide. Trátase de actuacións no casco urbano, que se enmarcan nun plan de actuación xeral para proceder á separación e a canalización de pluviais. Son obras moi demandadas e necesarias que evitarán os constantes desperfectos que sofren moitos dos baixos das casas unifamiliares e negocios que cada ano se inundan debido á enchenta de auga nos meses de inverno. Trátase dun proxecto de canalización en tubería de polipropileno cos correspondantes pozos de rexistro previa a excavación da zanxa e posterior recheo. O prazo para a execución da obra é de dous meses, presentánse 25 empresas o sistema seguido é de subasta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario