obras de mellora e acondicionamento no campo de fútbol de Laro
Operarios municipais iniciaron os traballos de mellora e acondicionamento no campo de Agronovo (Laro), para a dotación de herba natural no terreo de xogo.
Ademais da retirada de vallas ou das porterías xa se trasladaron ao recinto deportivo os materiais necesarios para a realización dos traballos, coa colocación de sistema de drenaxe, rego automático e outros. O concelleiro de Deportes, Klaus Brey, e o de obras e Servizos, Manuel Cuíña, achegaronse ata o campo do Laro C.F. para supervisar o replanteo dos traballos, posibles grazas á colaboración do clube deportivo local, que nesta tempada se estrea na Primeira Autonómica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario