Asociación hostelería - presentado santiago (é) tapas

Arranca a V Edición do Santiago (é) Tapas organizado por Hostelería Compostela
A inscrición vai estar aberta entre os días 17 e 30 setembro
O evento vaise celebrar entre os día 26 de outubro e 11 de novembro
O sector privado decide asumir a responsabilidade de organizar este evento 
Hostelería Compostela deu o pistoletazo de saída da V edición do concurso  Santiago (é) Tapas. Este ano a organización e financiación recae na asociación empresarial, que vai contar coa colaboración de varios axentes públicos e privados. A  inscrición poderase facer entre os días 17 e 30 de setembro cun custo de 50 euros+ive  para os socios e de 150+ive para os non asociados. As bases e o boletín de inscrición xa  están na web www.santiagoetapas.com O concurso vaise desenvolver durante 17 días,entre o 26 de outubro e o 11 de novembro.

Ao acto de presentación acudiron os presidentes de hospedaxe e restauración de 
Hostelería Compostela, Xosé Manuel Otero e Xesús Sordo e o presidente da comisión organizadora de Santiago (é) Tapas, Germán González, quen subliñou “a madurez dosector privado da cidade, xa que de non ter asumido nós a responsabilidade e o  esforzo económico e humano, o Santiago (é) Tapas non se tería celebrado”. A  organización do evento por parte dos hostaleiros da cidade supón un punto de inflexión na promoción de eventos de carácter turístico en Santiago. Pola súa banda, Sordo quixo destacar a importancia do concurso para “promover a innovación, a competencia entre os profesionais e a promoción dos produtos galegos e de  tempada.” González expresou o seu desexo de que “nesta edición poidamos superar as30.000 tapas e os 60 establecementos da pasada edición e así este concurso poida ir a  máis ano a ano grazas ao esforzo dos profesionais” e fixo un chamamento a todo o sector “para que colaboren e participen no Santiago (é) Tapas”

As bases e a ficha de inscrición desta edición do que xa é o mellor concurso de tapas  de Galicia e un dos máis importantes de España, están dispoñibles para descargalas na  web http://www.santiagoetapas.com/. O prezo de venda das tapas ao público será de 2 euros e cada establecemento poderá presentar un máximo de tres tapas, mantendo o  tapasporte e as rutas por zonas como sinais de identidade deste concurso. Ademais o hashtag #santiagoetapas valerá para facer un seguimento en tempo real das diferentes opinións que  os clientes das tapas publiquen na rede social Twitter.

Hostelería Compostela decide asumir o reto de organizar este concurso ante o baleirodeixado por Turismo de Santiago pola súa negativa a seguir organizando este evento promocional, “que os empresarios do sector privado consideramos de extraordinaria importancia para a dinamización económica, para a divulgación dunha imaxe de calidade do sector e para o fomento da cultura de tapeo en Compostela”, asegurou Germán González. O Santiago (é) Tapas é un evento consolidado en Galicia e unha referencia a nivel nacional, polo que se fai un chamamento aos principais produtores do eido da enogastronomía de Galicia e ao sector hostaleiro compostelán para implicarse nesta edición de Santiago (é) Tapas 2012.

Ningún comentario: