Silleda - se manten aberta a inscrición para o plan Actívate para mozos

O curso do plan Actívate para moz@s 
supera xa as vinde inscricións 
Os interesados aínda poden anotarse ata o vindeiro xoves día 20, xa que se abrirá unha lista de agarda
O curso titulado Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de ocio e tempo de lecer, organizado pola Concellería de Xuventude e Emprego, que dirixe Margarita Campos, conta xa con máis de 20 persoas inscritas. Este ciclo está incluído no programa Actívate, da Deputación Provincial de Pontevedra.

Aínda así, e pese a cubrirse o cupo para o ciclo, os interesados e interesadas poden anotarse no plazo anunciado (ata o vindeiro xoves día 20) xa que se abrirá unha lista de agarda. O ciclo, de 40 horas de duración e de carácter gratuito, terá lugar a partir do mes de outubro na Casa da Xuventude de Silleda. Está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, con residencia na provincia de Pontevedra. Deberán de facer a solicitude a través dun modelo oficial que se facilitará na Oficina do Rexistro do Concello (pranta baixa da casa consistorial), dentro do citado prazo. Os horarios estabreceránse en función do interese da maioría. 

Ningún comentario: