Silleda - na comisión informativa o PP abstense no punto sobre declarar festivos o día da Saleta e o luns da Empanada


O PP abstense na proposta para declarar festivos locais o día da Saleta e o luns da empanada
O pleno debatirá tamén un suplemento de crédito para dar cobertura orzamentaria á segunda fase do plan de pago a proveedores
Hoxe xoves tiveron lugar no Concello de Silleda as comisións informativas previas ao pleno ordinario do vindeiro xoves 27 de setembro, no que se abordarán cuestións como os festivos locais de 2013. Os representantes do PP abstéronse na sesión á hora de fixar como datas festivas o día da Saleta (19 de setembro) e o luns da Empanada (19 de agosto), “unha proposta que foi trasladada no seu día por veciños e colectivos”, engade a alcaldesa, Paula Fernández, e presidenta das comisións, que advirte que os populares “optaron por absterse sen dar ningún tipo de explicación”.
Ademais dos festivos locais tamén se abordou o convenio para o servizo de recollida de animais domésticos e un suplemento de crédito. As tres propostas saíron adiante cos 4 votos a favor dos membros do goberno local (PSOE e BNG), mentres que os tres do PP optaron por absterse.

En canto á operación de suplemento de crédito, esta modificación vén a pechar o plan de pago a proveedores, fixado no Real Decreto 4/2012, por importe de 22.699,07 euros.
Logo de rematada a primeira fase do programa posto en marcha polo Goberno Central, no mes de xullo o goberno de Paula Fernández tivo que acudir de novo a crédito, por valor de 38.014 euros para abonar un total de 14 facturas, que pese a ser incluidas no primeiro listado do plan de pagos, non foran ratificadas formalmente, como esixe a normativa. Esta operación foi aprobada na sesión extraordinaria do 18 de xullo

“Algunhas desas catorce facturas estaban imputadas ao orzamento, pero outras non, polo que é necesario realizar esta modificación orzamentaria”, sinala a alcaldesa e responsable de Facenda, Paula Fernández Pena. Así, con eses 22.699 euros darase cobertura orzamentaria a un total de 8 facturas. “Con esto deixamos tamén listo todo o proceso de pago a proveedores fixado dende Madrid”, declara Fernández Pena.
As tres propostas saíron adiante cos 4 votos a favor dos membros do goberno local (PSOE e BNG), mentres que os tres do PP optaron por absterse.

Pleno sorteo mesasPor outra banda, o pleno para o sorteo das mesas electorais para os comicios autonómicos do 21 de outubro terá lugar o vindeiro luns 24 ás 10.00 hroas.

Ningún comentario: