Axenda - Santiago, tráfico, Ames, Centro transfusión


SANTIAGO

Venres 21

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participa como ponente no almorzo informativo organizado por Fórum Europa. Presenta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.


11.00 h
No Instituto Antonio Fraguas (rúa Londres), a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, presenta o “Proxecto de intervención comunitaria en materia de absentismo escolar do barrio de Fontiñas”.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.


12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.


12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos da súa área.


21.00 h
No Teatro Principal, concerto do barítono Roderick Williams e o pianista Roger Vignoles dentro do Ciclo de Lied.    +INFO

TRAFICO


Con motivo da execución de obras pola Brigada de Vías e Obras do Concello, a travesa de Picaños permanecerá cortada ao tráfico, no tramo comprendido entre a rúa de Picaños e a glorieta da rúa das Barreiras, dende o vindeiro xoves, 20 de setembro, ata o 11 de outubro.
Durante o período de obras permitirase o paso a residentes e garaxes da zona.
-------------------------------------------------------------

Por mor da colocación dunha grúa para obras de reparación nun edificio, a rúa de Laverde Ruíz
permanecerá cortada ao tráfico entre as 8:00 e as 19:00 horas do vindeiro sábado, 22 de setembro. Permitirase o paso a residentes e garaxes da zona.

AMES

proxección do film Vilamor en Betamiráns +INFO

CENTRO DE TRANSFUSIÓN

PADRÓN

UNIDADE MÓBIL DIANTE
DA PRAZA DE ABASTOS
(AO CARÓN DO PASEO DO ESPOLÓN)
10:00 - 14:00
16:00 - 21:00

AMES
BERTAMIRÁNS(AMES)
UNIDADE MÓBIL NA AVENIDA DA MAHÍA, DIANTE DA PRAZA
16:00 - 21:00



Ningún comentario: