Silleda - o concello está a pagar os provedores en 30 días


O Concello de Silleda está a pagar aos proveedores nun prazo de 30 días
A alcaldesa e responsable de Facenda, Paula Fernández Pena, destaca que, a día de hoxe xa se abonaron todas as facturas conformadas por cada área correspondentes ao mes de agosto
“ Grazas á contención do gasto podemos facer un esforzo para pagar aos proveedores con rapidez e así contribuir a dinamizar a economía local”, engade
O Concello de Silleda logra reducir os tempos de pagos a proveedores e subcontratas a un mínimo histórico, menos de 30 días. A alcaldesa e responsable do departamento municipal de Facenda, Paula Fernández Pena, sinala que “grazas á contención do gasto podemos facer un esforzo para pagar aos proveedores con rapidez e así contribuir a dinamizar a economía local”.

Recorda que era un dos compromisos do programa de goberno, no que xa figuraba, no apartado de xestión económica a formalización dos pagos nun prazo de 45 días, “un obxectivo que estamos a cumprir, e tamén a superar, reducindo incluso os tempos”.

Dende a chegada do goberno foi premisa do departamento de Facenda controlar os pagos e reducir os tempos de espera dos proveedores. Para elo artellouse un sistema organizativo interno que permite axilizar os trámites de control e pagamento. “Con esta medida lograremos maior confianza dos proveedores e poderemos esixir mellores condicións para os nosos subministros. Os nosos proveedores saben que pagamos e que o facemos ben, e así axustaran mellor os seus prezos”

A alcaldesa di que “imos a garantir este sistema de cobro de aquí a final de ano xa que a nosa obriga é ser un dos motores que mova a economía local”, aínda que ten claro que “o lograremos sempre e cando non teñamos que facerlle fronte a máis sentenzas sorpresa que machaquen a nosa tesourería”, dí ao recordar que se acaban de abonar os intereses e as costas por mais de 15.000 euros a empresa local Sumicóns “o mellor dos exemplos do dano que fixeron a este Concello gobernos que non pagaron o que gastaron”, engade.

Ningún comentario: