Santiago - Roderick Williams no primeiro concerto do XIII ciclo de Lied


Roderick Williams, protagonista do primeiro concerto do XIII Ciclo de Lied
hoxe venres 21, ás 21.00h no Teatro Principal, acompañado polo pianista Roger Vignoles
Os seguintes concertos serán o martes 25 con Asmik Grigorian; e o sábado 29 con Christoph Prégardien; todos no Teatro Principal a partir das 21.00h xunto a Vignoles
As entradas, a 8€ (ou un abono para os tres concertos de 18€) poden mercarse na web ou teléfono de Novagaliciabanco, así como na billeteira do Teatro Principal
Mañá da comezo o XIII Ciclo de Lied cun concerto do barítono Roderick Williams acompañado ao piano por Roger Vignoles. Será a partir das 21.00h no Teatro Principal e as entradas poden mercarse en http://entradas.novagaliciabanco.es ou no teléfono 902 43 44 43, así como na billeteira do Teatro Principal aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. O prezo é de 8 euros para as entradas soltas e de 18 euros o abono para os tres concertos. Despois de Williams poderemos gozar coa voz da soprano Asmik Grigorian o día 25 e a do tenor Christoph Prégardien o 29 acompañados ao piano, como é habitual no ciclo, por Roger Vignoles.

Desde o ano 1999, o Concello de Santiago e a Asociación Galega de Lírica presentan en setembro en Santiago de Compostela este ciclo, único en Galicia e mesmo en España, que se caracteriza pola orixinalidade á hora de presentar cada ano unha visión diferente do escasamente difundido xénero musical do lied e a canción de cámara. Nesta edición, a XIII o tema é ‘Amor sen fin. Johannes Brahms e outros…’

O cartel do ciclo está cheo de cantantes de sona no panorama da lírica internacional. Ao longo destes doce anos pasaron polo Teatro Principal figuras e especialistas de recoñecido prestixio como Angelika Kirchschlager, John Mark Ainsley, Camilla Tilling, Mark Padmore, Bernarda Fink, Thomas Allen, François Le Roux, Monica Groop, Sarah Walker, Robert Hall, Measha Brueggergosman, Werner Güra, Sandrine Piau, etc. Peza angular desta programación é un dos grandes e máis recoñecidos especialistas no xénero, o pianista inglés Roger Vignoles, que é codirector artístico do Ciclo de Lied compostelán.

Mañá, como diciamos, poderemos escoitar a Roderick Williams cun programa íntegro de Johannes Brahms. En concreto escoitaremos as quince romanzas do seu ciclo de cancións opus 33 compostas a partir da novela curta de Ludwig Tieck titulada ‘Die schöne Magelone’ (‘Afermosa Magelone’), pezas que se interpretan en moi contadas ocasións.

Roderick Williams barítono
Roderick Willimas abarca un amplo repertorio, desde o barroco ata a música contemporánea, en ópera, concertos e recitais. Mantivo unha estreita relación coa Opera North e a Scottish Opera, particularmente asociada cos papeis para barítono de Mozart. En outono de 2007 foi aclamado polas súas actuacións como Papageno en A frauta máxica na English National Opera, éxito que repetiu en 2008 e 2009 cantando La bohème no Covent Garden. Ten participado en estreas de óperas como as de David Sawer, Sally Beamish, Michael van der Aa, Robert Saxton e Alexander Knaifel. Traballou con orquestras de toda Europa, incluidas as da BBC no Reino Unido, e participou nos festivais de Edimburgo, BBC Proms, Cheltenham e Aldeburgh.

Recentes e futuros compromisos inclúen o Conde (As vodas de Fígaro) na Scottish Opera, Ned Keene (Peter Grimes) no Royal Opera House, Goryanchikov (From the House of the Dead) na Opera North, Pollux (Castor and Pollux de Rameau) na English National Opera e After Life de Van der Aa no Melbourne State Theatre, ademais de concertos con Le Concert Spirituel, Royal Liverpool Philharmonic Orchestra, Manchester Camerata, BBC National Orchestra of Wales, Royal Scottish National Orchestra, The Hallé, Britten Sinfonia, King’s College, Ensemble Orchestral de París, Rias Kammerchor, Orquesta Sinfónica de Euskadi, Netherlands Radio Philharmonic, Danish National Radio Symphony Orchestra, Bach Collegium Japan, Pax Christi Chorale en Toronto, The Sixteen e London Philharmonic Orchestra. Tamén interpretou Cynara coa Filharmónica da BBC nos Proms deste ano, o Réquiem de Guerra de Britten co Maggio Musicale e Semyon Bychkov en Florencia e estreou de O soño de Wagner de Jonathan Harvey coa Sinfónica de BBC. É así mesmo considerado un extraordinario cantante de recital que pode ser escoitado en salas e festivais como Wigmore Hall, Perth Concert Hall, Howard Assembly Room, Musikverein en Viena e en Radio 3, onde ten participado no programa ‘Voces’ de Iain Burnside.


Posúe unha extensa discografía e as súas gravacións de canción inglesa con Iain Burnside acadaron especial éxito. Tamén é compositor e os seus traballos foron presentados nas salas Wigmore e Barbican, a Purcell Room e, en directo, na radio nacional.

PROGRAMA
Johannes Brahms (1833-1897):

Parte I
Geheimnis (Segredo), de Fünf Gesänge op 71, nº3
Nachtigall (Reiseñor), de Sechs Lieder op 97, nº1
Die Mainacht (A noite de maio), de Vier Gesänge op 43, nº2
Botschaft (Mensaxe), de Fünf Lieder op 47, nº1


Romanzen aus “Die schöne Magelone” (A fermosa Magelone) op 33
1. Keinen hat es noch gereut (Ninguén se lamentou aínda)
2. Traun! Bogen und Pfeil (En verdade que o arco e a frecha)
3. Sind es Schmerzen, sind es Freuden (¿Son penas ou son alegrías?)
4. Liebe kam aus fernen Landen (O amor veu de países lonxanos)
5. So willst du des Armen (¿Queres ter piedade do pobre?)
6. Wie soll ich die Freude (¿Como soportar esta alegría?)
7. War es dir, dem diese Lippen bebten (¿Tremeron por ti estes labios?)
8. Wir müssen uns trennen (Temos que separarnos)

Parte II
9. Ruhe, Süßliebchen, im Schatten (Repousa, doce amada)
10. Verzweiflung (Desesperación)
11. Wie schnell verschwindet (Que axiña desaparecen)
12. Muß es eine Trennung geben (¿Debe haber unha separación?)
13. Geliebter, wo zaudert (Amor, ¿onde vacila?)
14. Wie froh und frisch mein Sinn sich hebt (Renace para min a alegría)15. Treue Liebe dauert lange (O amor fiel dura longo tempo)

Ningún comentario: