Amosando publicacións coa etiqueta ATENEO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ATENEO. Amosar todas as publicacións

Cervantes na clausura dos Luns do Ateneo

Santiago, 20/06/2016 - Hoxe ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, a clausura do Ciclo “Os Luns do Ateneo” cunha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura en conmemoración do cuarto centenario da morte de Cervantes titulada “O enxeñoso Miguel de Cervantes”, que estará impartida por D. Luis Iglesias Feijoo, Catedrático da USC.

Ruggero Raimondi fala da súa traxectoria nos Luns do Ateneo

Santiago, 13/6/2016 - Hoxe ás 20 horas o Ateneo de Santiago e a Asociación de Amigos da Ópera de Compostela organizan na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia titulada “Unha vida na ópera”, que estará impartida polo baixo barítono Ruggero Raimondi.

Fernando González Urbaneja nos Luns do Ateneo

23/5/2016 - Hoxe  ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade da Información titulada “O abafo da fracaso-manía. ¿Hai remedio para os españois?”.

Os Luns do Ateneo terán como protragonistas as ondas gravitacionais


Hoxe luns 2 de maio ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “Ondas Gravitacionais: astronomía cos ollos pechados”, que estará impartida por D. Javier Mas Solé, Profesor Titular da USC.

O 25 de abril nos Luns do Ateneo

Hoxe ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade Civil titulada “Memoria do 25 de abril: corenta anos despois”, que estará impartida por D. Daniel Lanero Táboas, investigador Ramón y Cajal no departamento de Historia Contemporánea da USC e membro do Grupo de Investigación HISTAGRA .

As Irmandades da Fala nos Luns do Ateneo

Hoxe ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Unha aproximación á historia das Irmandades da Fala”, que estará impartida por D. Emilio Ínsua, Escritor.

Filosofía en tempos virias nos Luns do Ateneo



Hoxe luns, 11 de abril, ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Filosofía en tempos virais”, que estará impartida por D. Ignacio Castro, Filósofo.

Ignacio Castro Rey, Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid, é Filósofo, crítico de cine e de arte, xestor cultural e profesor. Influído pola heterodoxia do pensamento occidental (Leibniz, Nietzsche, Lacan, Deleuze), desenvolve dende hai anos un traballo filosófico nunha única vertente con dúas caras. 

Dun lado, no límite do que poderíamos considerar a tolerancia ilustrada, unha afirmación metafísica da inmediata vida mortal, da súa común individuación, sen posible suxeito social nin representación histórica algunha, unha afirmación ontolóxica da singularidade, do seu impacto irrepresentable. Do outro, unha crítica da violencia microfísica do poder posmoderno, esas novas modalidades da caza do home onde a dereita e a esquerda converxen. En ambos rexistros intenta rescatar a potencia conceptual de distintos creadores contemporáneos, de Baudrillard a Badiou, de Agamben a Sokurov. Ademais de múltiples artigos e conferencias, ten publicados diversos libros.

“Facebook, Twitter, Instagram e outras drogas na era de Internet. Como vivir enredados” nos luns do Ateneo

Hoxe luns 4 de abril ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade da Información titulada “Facebook, Twitter, Instagram e outras drogas na era de Internet. Como vivir enredados”, que estará impartida por D. Carlos Toural, Vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Carlos Toural Bran é Licenciado en Xornalismo (especialidade de Xornalismo Electrónico) e Doutor en Ciencias da Comunicación. Pertence ao grupo de investigación Novos Medios dende 2006 e traballa como docente e investigador na Universidade de Santiago, ocupando o cargo de Vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación dende o pasado ano 2015. Anteriormente traballou no gabinete de comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. As súas especialidades son a arquitectura da información, o xornalismo en bases de datos, o xornalismo electrónico, as redes sociais e o xornalismo deportivo.

Ateneo de Santiago - Nos luns do Ateneo “A erupción do Tambora. No bicentenario do ano sen verán (1816)”

Hoxe luns 14 de marzo ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “A erupción do Tambora. No bicentenario do ano sen verán (1816)”, que estará impartida por D. Francisco Díaz-Fierros, Catedrático da Universidade de Santiago.

Francisco Díaz-Fierros Viqueira licenciouse en 1964 en Farmacia pola Universidade de Santiago e na mesma universidade doutorouse tres anos despois na especialidade de Edafoloxía. Bolseiro da Fundación Juan March (1968) e da Fundación Barrié de la Maza (1973), foi nomeado profesor adxunto de Edafoloxía da Universidade de Santiago en 1970, cargo que exerceu ata 1987, ano en que acadou a Cátedra de Edafoloxía e Química Agrícola. 

Foi secretario da Facultade de Farmacia e director do Instituto de Investigación e Análise Alimentaria da Universidade de Santiago. No seu labor docente dirixiu ou codirixiu vinte e oito tesiñas de licenciatura e vinte teses de doutoramento. Acadou os premios Fray Bernardino de Sahagun, Federico Manciñeira, Deputación de Pontevedra (Investigación) e Galicia (Investigación) da USC. Pertence a diversas sociedades científicas nacionais e estranxeiras e presidiu a Sección I de la Sociedad Española de Ciencia del Suelo, a Sociedade Galega de Historia Natural e a Xunta Rectora do Seminario de Estudos Galegos, foi membro do Council of the European Soil Conservation e actualmente é membro do Consello da Cultura Galega dende 1983 e vicepresidente dende 2002. É membro correspondente da Real Academia Nacional de Farmacia, numerario da Real Academia de Farmacia (Sección Galicia) e membro numerario da Real Academia Galega. Dirixiu a revista Braña, da Sociedade Galega de Historia Natural, os comités editoriais da Revista Galega de Estudos Agrarios, Trabajos Compostelanos de Biología, Suelo y Planta, Proxecto Galicia de Editorial Hércules e o Consello Consultivo da Gran Enciclopedia Galega. 

O seu labor científico céntrase fundamentalmente no estudo dos solos e na climatoloxía agrícola de Galicia, do que dan mostra a maior parte dos traballos dos que é autor, coautor ou coordinador.

Ateneo de Santiago - Mulleres de Compostela nos luns do Ateneo

Hoxe luns 7 de marzo ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia para conmemorar o Día da Muller organizada pola Sección Sociedade Civil titulada “Mulleres de Compostela”, que estará impartida por Dª. Encarna Otero, Historiadora.

Encarna Otero é Licenciada en Historia pola Universidade de Toulouse-Le Mirail (Francia), lugar a onde tivo que exiliarse en 1971. 

Durante a súa estancia en Francia participou no movemento antifranquista e en 1975, tras a morte de Franco, regresou a Santiago de Compostela. En 1978 pasou os exames de oposición en Xeografía e Historia e comezou a traballar como docente no Instituto Eduardo Pondal. A partir de 1986 formou parte do Seminario Permanente de Historia de COU que, baixo a coordinación do profesor Ramón Villares Paz, elaborou un libro de texto de Historia do mundo contemporáneo. 

Tamén colaborou na edición da Guía de Historia do mundo contemporáneo e nun libro de texto de Ciencias Sociais para 4º da ESO. Entre 1999 e 2003 foi Vicealcaldesa e Concelleira Delegada da Rehabilitación do Casco Histórico, das relacións co Consorcio e de temas de xénero en Santiago. En 2002 recibiu o Premio Hábitat de Boas Prácticas outorgado pola Organización das Nacións Unidas pola “protección e rehabilitación da cidade histórica e integración coa súa contorna natural”. 

Entre 2005 e 2009 ocupou o cargo de Directora Xeral na Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia e dende 2004 é membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Colabora en diversas publicacións como A Nosa Terra, O Ensino,Andaina ou Festa da Palabra Silenciada, con varios artigos sobre a historia das mulleres. Do mesmo xeito, é autora de varios estudos académicos e publicou dous libros de contos en Galaxia en colaboración coa ilustradora Elisa Gallego Picard.

Ateneo de Santiago - O banquete de Conxo nos Luns do Ateneo

Hoxe luns 29 de febreiro ás 19 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “O Banquete de Conxo: entre o mito e a realidade”, que estará impartida por D. Justo Beramendi, Catedrático de Historia Contemporánea da USC.

Justo Beramendi González é Catedrático de Historia Contemporánea e ex-vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela. Cofundador do Museo do Pobo Galego e actual presidente do seu Padroado. Cofundador das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos(Santiago, 1996), nesta última ven publicando numerosos artigos de análise da actualidade política. 

Especialista en historia das ideoloxías e dos movementos políticos, é autor de estudos sobre a evolución do pensamento marxista, sobre historiografía e metodoloxía da historia política e dos nacionalismos e sobre a cuestión nacional en España. A súa liña de investigación principal é a historia do galeguismo político dende as súas orixes provincialistas ata o nacionalismo actual, con estudos sobre Manuel Murguía, Alfredo Brañas, Vicente Risco, Antonio Losada, Ramón Villar Ponte, Castelao, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda e outros, liña que culmina na súa historia xeral De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Vigo, 2007) pola que obtivo en 2008 os premios Nacional de Ensayo, Pedrón de Ouro, de Ensaio da AELG, Antonio Losada Diéguez de Investigación e Crítica de Galicia de Investigación. Tamén foi guionista da serie de TVE Galicia na transición e organizou e coeditou as actas de varios congresos.

Ateneo de Santiago - Os Faros de Galicia nos Luns do Ateneo

Mañá luns 22 de febreiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “Os Faros en Galicia. Dende a historia, a enxeñería, a paisaxe e a arte”, que estará impartida por D. Carlos Nárdiz, Dr. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e Profesor Titular da Universidade da Coruña.

Carlos Nárdiz Ortiz é Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1977) pola Universidade Politécnica de Madrid, obtendo o Doutoramento en 1991. Entre 1985 e 1997 foi Profesor de Urbanismo e Ordenación do Territorio na Escola de Arquitectura da Coruña e dende 1993 de Transporte e Territorio, Paisaxe na Enxeñería e Ordenación do Territorio e Urbanismo na Escola de Enxeñeiros de Camiños da Coruña, sendo dende 1994 Profesor Titular de Urbanística e Ordenación do Territorio da Universidade da Coruña. 

É Director da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais da Deputación da Coruña dende o ano 2004 e coordinador do Plan Estratéxico da Provincia da Coruña 2007-2013. Traballou en Plans de Urbanismo, proxectou numerosas obras de urbanización, pontes e estradas e rehabilitou obras de enxeñería histórica. Ten publicados libros como El Territorio y los Caminos en Galicia. Planos Históricos de la Red Viaria (1992), El ferrocarril en el Noroeste de España (1996) ou La construcción de los bordes de las carreteras en Galicia. El proyecto y la ordenación de las villas carretera en la provincia de A Coruña (2008), así como numerosos artigos en revistas. Foi Vogal da Asociación de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1999-2007) e da Axencia da Legalidade Urbanística de Galicia (2008-2014) e Decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia (2006-2014). Actualmente é membro da Comisión de Patrimonio do Consello da Cultura Galega e dende 2009 Vogal Asesor do CEHOPU (Ministerio de Fomento). No ano 2014 recibiu a Medalla ao mérito profesional do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia e en 2015 a Medalla de Honra do Colexio Nacional de Enxeñeiros de Camiños.

Ateneo de Santiago - Inauguración da exposición do obradoiro de fotografía

Hoxe venres, 19 de febreiro, ás 19.30 horas terá lugar no salón de actos do Ateneo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) a inauguración da exposición “FOTOGRAFANDO DENDE O ATENEO”

Trátase dunha exposición multimedia, unha pequena mostra do traballo realizado polos alumnos durante o obradoiro de fotografía realizado durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2015 e que estivo impartido pola artista Soledad Felloza. A exposición conta con dúas partes: unha en formato tradicional e outra en dixital.

Ateneo de Santiago - Os luns do Ateneo "O reto do cancro na actualidade"

Hoxe luns 15 de febreiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia titulada “O reto do cancro na actualidade”, que estará impartida por D. Rafael López, Xefe do Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Rafael López é Xefe de Servizo de Oncoloxía Médica e do grupo de Oncoloxía Traslacional do Hospital Clínico Universitario e Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e Profesor Asociado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. 

Cursou os seus estudos de Medicina na Universidade Autónoma de Madrid e realizou a residencia en Oncoloxía Médica no Hospital Xeral de Asturias, obtendo a especialidade en 1988. Acreditado pola European Society for Medical Oncology (ESMO) en 1989, foi ESMO Fellowship no Free University Hospital de Ámsterdam (Prof. HM Pinedo) en 1990 e 1991. Traballou no Hospital Central de Asturias (Oviedo), no Hospital de Navarra (Pamplona) e foi o creador do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Txagorritxu (Vitoria). Desenvolve unha importante actividade investigadora con máis de 150 ensaios clínicos como investigador principal e sendo o responsable da investigación traslacional en tumores sólidos que se fundamenta en mama e dixestivo. 

Actualmente co grupo de oncoloxía traslacional do IDIS está traballando en células tumorais periféricas e modelos avanzados de biopsia líquida e estudos do proceso de metástase e a súa posible utilización na clínica. Outras liñas de investigación inclúen nano-medicina e modelización. Ademais de á ESMO, tamén pertence á Sociedad Española de Oncología Médica (SEOM), á American Society of Clinical Oncology (Sociedade Americana de Oncoloxía Clínica) (ASCO), á American Association for Cancer Research (Sociedade Americana para Investigación do Cancro) (AACR) e á Asociación Española de Investigación contra el Cáncer (ASEICA). Foi durante a súa presidencia na Sociedade Oncolóxica Galega cando se redactou a Estratexia Galega Contra o Cancro, en colaboración coa División de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. É autor de máis de 150 publicacións nacionais e internacionais e capítulos de libros e foi ponente en numerosos congresos nacionais e internacionais, entre eles na Estratexia contra o cancro do Ministerio de Sanidade.

USC - O disco ‘España alla Rossini’ preséntase o luns no Paraninfo

A mezzosoprano Anna Tonna e o pianista Emilio González Sanz presentarán o luns 25 o seu disco ‘España alla Rossini’ nunha conferencia-recital que organizan o Ateneo de Santiago e a Asociación de Amigos da Ópera de Compostela en colaboración coa USC. A presentación será ás 20.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia).

Anna Tonna

Licenciada por Mannes College of Music de Nova Iork, a mezzosoprano estadounidense de raíces dominicanasAnna Tonna compaxina a súa brillante carreira como cantante de ópera coa súa dedicación á música de España e Latinoamérica. Tonna debutou no Alice Tully Hall de Nova Iork coa ópera Guglielmo Ratcliff de Mascagni coa compañía Teatro Grattacielo en 2004. Entre os seus últimos proxectos e recitais nos Estados Unidos destaca a premiere norteamericana de Il Re de Giordano no Lincoln Center, un recital monográfico de cancións de compositores latinoamericanos con NorthSouth Consonance, así como un recital de música española na Hispanic Society of America de Nova Iork. 

Como bolseira Fulbright 2007-2008 en España, Anna Tonna realizou un estudo da obra completa para voz e piano do compositor español Julio Gómez na Fundación Juan March de Madrid e unha gravaciónposterior do disco ‘Las canciones de Julio Gómez’ co pianista Jorge Robaina. 

Emilio González

Creador, músico, pedagogo, intérprete de gran versatilidade e un dos pianistas máis brillantes da súa xeración, Emilio González Sanz recupera obras pianísticas de compositores españois como Antonio José, Arriaga ou Masarnau. Tras unha constante investigación musical e para achegar visións novas ao mundo da interpretación, presenta en recital programas orixinais e de calidade, tanto pola súa beleza como polo seu interese. Traballou na Escola Superior de Música Reina Sofía con Dmitri Bashkirov, Galina Egyazarova e Marta Gulyas e completou a súa formación con Josep Colom na Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares.Obtivo o Premio de Honra de Fin de Carreira nas especialidades de Piano -cátedra de Fernando Puchol- e Música de Cámara no RCSM de Madrid e no Conservatorio Superior de Málaga, respectivamente. 

Actualmente compaxina a súa carreira concertista coa pedagóxica como profesor de Música de Cámara do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Intervén como solista con grandes orquestras sinfónicas españolas, dá recitais de piano só e música de cámara en salas europeas de gran prestixio e realizou estreas absolutas de obras de Motsalvatge, Palacios e Yagüe. O seu interese pola música de cámara lévao a colaborar coa pianista Sofya Melikyan, a clarinetista Mónica Campillo, o barítono José Julián Frontal, a mezzo Anna Tonna e os tenores Miguel Bernal e Angelo Marchese, así como cos Cuartetos Mainake ou Ysaÿe e personalidades artísticas como Asier Polo, Silvia Marcovici, Nicole Espósito, Claude Lefevbre ou Stefan Höskuldsson.

Ateneo de santiago - Nos Luns do Ateneo : “Morte digna: a situación en Galicia”

Mañá luns 18 de xaneiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade Civil titulada “Morte digna: a situación en Galicia”, que estará impartida por Dª. Emilia Irimia, Presidenta da Asociación “Derecho a morir dignamente”, e Dª. Ascensión Cambrón, Profesora de Filosofía do Dereito da Universidade da Coruña.

Emilia Irimia Fernández, mestra e Licenciada en Filosofía e Letras, dedicou a súa vida profesional ao ensino, impartindo docencia en Educación Primaria, Educación de Adultos (modalidade presencial e radiofónica) e Educación Secundaria. Foi coautora de diferentes textos para o ensino de Lingua Galega e Educación Medioambiental. Actualmente, xa xubilada, dedícase a colaborar coa DMD divulgando os obxectivos desta asociación.

Ascensión Cambrón Infante, Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona (1975) e Doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago (1987), é Profesora Titular da Universidade de Filosofía do Dereito na Facultade de Dereito da UDC (1990). As súas liñas de investigación son as claves teoréticas do pensamento ilustrado e liberal e a bionomía xurídica (análise das incidencias dos avances biomédicos nas normas xurídicas que regulan as intervencións sobre o corpo dos seres humanos, cidadáns/ás). Estas reflexións teñen como referente substantivo o discurso dos dereitos fundamentais recoñecidos na C.E., de 1978. Encol destas coordenadas teoréticas xira o conxunto das súas publicacións e participacións en Cursos, Seminarios e Masters impartidos en diversas universidades españolas, europeas e latinoamericanas. Participou nas Xornadas ¿Creer o curar? El debate bioético entre Medicina y religión, dirixido polo Dr. Camilo Cela Conde na Universidade de Palma de Mallorca (2008); nas Xornadas Posiciones éticas laicas desde la Bioética, dirixido pola Dra. María Casado na Universidade de Barcelona (29-30 de setembro de 2011); e nas Xornadas Bioethics Religion and Democracy, dirixido polo Dr. Nikolaus Xirotiris na Universidade de Thessaloniki (Grecia) (18-21 de Maio de 2012).

Ateneo de Santiago - Valle-Inclan nos luns do Ateneo

Hoxe luns 11 de xaneiro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Valle-Inclán e a I Guerra Mundial: das trincheiras á literatura”, que estará impartida por Dª. Margarita Santos Zas, Directora da Cátedra Valle-Inclán da USC.

Margarita Santos Zas Doutorouse na USC con Premio Extraordinario (1989) cunha tese sobre Valle-Inclán e é Profesora Titular de Literatura Española na universidade compostelana. Desde 1994 ven dirixindo sucesivos proxectos de investigación I+D+i, cos integrantes do Grupo de Investigación Valle-Inclán (GIVIUS). É directora da CÁTEDRA VALLE-INCLÁN da USC, que edita unha colección propia; e coeditora da revista Anales de la Literatura Española Contemporánea/Anuario Valle-Inclán (Society of Spanish and Spanish American Studies). 

É autora de Tradicionalismo y literatura en Valle-Inclán (1889-1910); Cronología de la literatura Española. Siglo XX (con Darío Villanueva); Valle-Inclán, Director de la Academia de Roma (1933-1936): estudio y documentación; e Todo Valle-Inclán en Roma: edición, anotación, índices y facsímiles (en colaboración con membros do GIVIUS), Premio de Investigación Valle-Inclán 2008; ten no seu haber edicións individuais e co seu equipo de investigación (vgr: Premio de Edicións Universitarias 1999 por Café con Gotas,1886-1892), prólogos e numerosos artigos en revistas e colectáneas sobre teatro do século XVIII, poesía, teatro e novela contemporáneas (Carmen Pallarés, Caballero Bonald, Martín Garzo, Juan Manuel de Prada, Ana Diosdado, Almudena Grandes ou Campos Reina), pero é sobretodo Valle-Inclán o autor que dende fai anos centra a súa investigación, e ten organizado congresos, seminarios ou exposicións adicadas ao escritor arousán.

Ten impartido, asemade, cursos, seminarios e conferencias en universidades españolas, europeas e americanas. Na actualidade ten no prelo a edición facsímile dun manuscrito inédito de Valle-Inclán pertencente ao Arquivo Valle-Inclán Alsina (depositado na USC), concretamente o diario que escribiu perante a súa estadía en Francia en 1916 (…Con el alba. El Cuaderno de Francia); e por encargo o proxecto de edición crítica da Obra completa do escritor en colaboración co GIVIUS, da que están xa no prelo os tres volumes de narrativa e o primeiro de teatro; e, por outra parte, está en preparación unha selección das obras valleinclanianas para Alianza Editorial, previstas para 2017.

Ateneo de Santiago - Os luns do Ateneo : “Un día despois do 20D: ¿E agora que?”

Hoxe luns 21 de decembro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programado na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela un debate organizado pola Sección Sociedade da Información que leva por título “Un día despois do 20D: ¿E agora que?”, no que participarán D. Ernesto Sánchez Pombo, xornalista, comentarista político e ex-director de La Voz de Galicia, D. Xurxo Salgado, xornalista e director de “Galicia Confidencial”, D.Carlos Luis Rodríguez, xornalista e comentarista político de El Correo Gallego, e D. Antón Losada, profesor da USC e comentarista político da Cadena SER.

Ernesto Sánchez Pombo é Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e Diplomado en Medios Audiovisuais. Comezou a súa actividade profesional no xornal El Progreso de Lugo, no que foi xefe de redacción e director-adxunto. Durante doce anos foi correspondente do xornal El País, aínda que colaborou noutros medios como Radio Lugo Cadena Ser, Pueblo e Cambio 16, entre outros. En 1994 incorpórase ao Grupo Voz como delegado provincial en Lugo. Foi director e conductor da tertulia de Radio Voz “Camiño de Volta”, a única tertulia de actualidade política da Radio Galega. En 1999 foi nomeado director de La Voz de Galicia, e foi director de Proxectos Editoriais do Grupo Voz. Creou a Oficina de Comunicación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo e dirixiu a publicación empresarial “Cámara”. Foi membro do relatorio de Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Xurxo Salgado é Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago. Durante case dous anos foi productor e editor dos programas “Tardes de verán” e “Tardes con Ana” da TVG. Foi Director dos xornais Estrella Digital e A Nosa Terra, xornalista de Europa Press e El Mundo e analista político da Radio Galega. Tamén foi xefe de proxectos na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e desnvolveu estratexias de comunicación para varias entidades. Actualmente é o Director do xornal dixital Galicia Confidencial.

Antón Losada é Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago, profesor titular de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa universidade dende 1998 e ten un máster en xestión pública pola Universidade Autónoma de Barcelona. Participou en diversos parladoiros radiofónicos da Cadena SER e escribiu artigos no xornal electrónico Xornal.com, enLa Opinión e El Periódico de Catalunya. A mediados dos anos noventa ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid. Tamén ten colaborado en diversos programas de radio e televisión, entre os que destacan os programas humorísticos Unha de romanos e A familia Mudanza na TVG, a serieComposteláns dirixida por Xosé Manuel Pereiro, e foi o presentador do programa Bule Bule, dirixido por Antón Reixa. Compuxo letras para temas de Siniestro Total e Os Resentidos, así como unha peza de teatro, Qué é das dependentas dos grandes almacéns ó faceren os cincuenta?, para a compañía Pífano.

Ateneo de Santiago - Os luns do Ateneo - Transito pola escenografía española

Hoxe luns 14 de decembro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura titulada “Tránsito pola escenografía española”, que estará impartida por D. José Luis Raymond, escenógrafo.

Nacido en Getxo, Biscaia, José Luis Raymond é Licenciado en Belas Artes pola Facultade do País Vasco. Cursou estudos de posgrao sobre escultura e espazo escénico en Varsovia e Ámsterdam. Nos seus comezos compaxinou os estudos de Belas Artes coa dirección da compañía Intervalo Teatro Studio de Bilbao. 

É fundador e profesor da Escola de Teatro de Getxo e cofundador do grupo experimental deTeatro Monicreques sen cabeza con sede no Teatro Social das Areas (Getxo). Como creador plástico realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, e ten obra en coleccións particulares, así como en museos de Polonia, Holanda, Suíza e España. Dende 1991 é profesor titular de Espazo Escénico na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e Membro Fundador da Academia das Artes Escénicas de España. En 2015 foi nomeado Comisario español da Cuatrienal de escenografía de Praga. 

Leva anos impartindo cursos sobre Espazo Escénico e Dramaturxia Objetual e interpretación plástica e é poñente de conferencias sobre Novas tecnoloxías no teatro e O teatro na internet. Ao longo da súa carreira obtivo premios en exposicións, festivais e concursos de ámbito nacional e internacional, entre eles o Accésit ao premio de escenografía Joseph Gaudí da ADE 2012 polo seu traballo escenográfico en Nesta vida nada é verdade, nin mentira de Calderón de la Barca, para o Centro Nacional de Teatro Clásico, o Premio Ágora 2007 pola escenografía deSainetes de Ramón da Cruz e foi Premio de escenografía Josep Gaudí da ADE 1998, polo seu traballo escenográfico en Rei negro, de Ignacio do Moral, dirixida por Eduardo Vasco e producida polo Centro Dramático Nacional.