Hoxe luns 2 de maio ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente titulada “Ondas Gravitacionais: astronomía cos ollos pechados”, que estará impartida por D. Javier Mas Solé, Profesor Titular da USC.
Javier Mas é Profesor e Investigador da USC dende 1990. Doutorouse pola Universidade Autónoma de Madrid e fixo o Posdoutorado en Alemaña (Universidade Técnica de Munich). Participou en 50 traballos de investigación.
A recente detección de ondas gravitacionais inaugura unha nova forma de observar o universo. Os procesos máis violentos, moitas veces non producen luz polo que eran indetectables. Con esta nova ferramenta podemos escoitar o son que producen dous buracos negros cando se funden nun só. Identificar o sinal auditivo que produce cada proceso é, agora, unha nova maneira de facer astronomía. No seu conxunto, o universo chirría dunha maneira que resulta aínda pouco familiar. Nesta charla faremos unha pequena introdución ás ondas gravitacionais e as súas consecuencias nun futuro cada vez máis próximo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario