'Xente miúda, moita fartura' mañá sábado na casa da cultura de Ordes

Trátase do novo traballo discográifco de Pablo Díaz
6/05/2016 - O vindeiro sábado, 7 de maio, a casa da cultura de Ordes acollerá de balde a partir das 19 horas unha nova cita musical familiar. Pablo Díaz achéalle ao público ordense o seu último traballo discográfico 'Xente miúda, moita fartura'. 

Un disco no que se fala das cousas máis próximas á vida dos cativos e cativas, como os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras, ou a celebración dos aniversarios. A cita englóbase dentro do programa Falaredes de actividades de dinamización ligüística.

Ningún comentario: