Nos actos do día atopamos a inauguración dunha mostra de artistas galegos e lusos e a actuación de París de Noia e Cinema
6/5/2016 - A XX Festa da Troita de Oroso dará comezo na tarde noite de mañá venres 9 de maio. Así, ás 20:30 horas está prevista a inauguración dunha exposición de arte da Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa, que reunirá a unha decena de artistas locais e portugueses. A mostra será inaugurada polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e estará aberta ao público durante a Festa da Troita.
Ás 22:30 horas a festa trasladarase á Alameda de Góis, onde terá lugar o Festival Oroso en Vivo coas orquestras Cinema e París de Noia. Como todos os anos, haberá carpa na propia Alameda, a onde se trasladarán as actividades para os nenos e as actuacións de grupos folclóricos en caso de choiva, xa que inicialmente están programadas na Praza Isaac Díaz Pardo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario