Rafa Durán será o pregoeiro da XXV edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional

María Belén Baños será quen complete o cartaz, xornalista da Televisión de Galicia de ascendencia melidá exercerá de maestra de ceremonias e condutora do acto de presentación dos embaixadores na Praza de Convento da vila
O próximo sábado e domingo Melide converterase na vila máis doce de toda Galicia co galo da celebración da XXV edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. 

O encargado do pregón desta vixésimo quinta edición da Festa do Melindre será Rafa Durán, presentador e guionista do programa “Máis Galego”, actor protagonista e patrocinador da cervexa “Estrella Galicia: o noso é o noso” ademáis de presentador de diversos eventos relacionados coa gastronomía grazas a súa formación en restauración coñecendo de primeira man restaurantes como o de Martín Berasategui en San Sebastián. 

Con formación en Animación Turística, Clown, interpretación e improvisación ten feito traballos na televisión local de Compostela, la TVG e tamén en Antena 3, Telecinco ou TVE. Será él quen se encargará do pregón que inaugurará oficialmente a festa. Acompañado doutra xornalista, María Belén Baños Riádigos, xornalista adicada a faceta de informadora e presentadora do Telexornal Galicia Noticias, con ascendencia melidá quen será a encarga de conducir a ceremonia de entrega de diplomas dos embaixadores do Melindre e da Repostaría Tradicional. 



Ningún comentario: