O profesor da USC Juan Blanco, elixido presidente da European Federation of Periodontology

A organización agrupa a 29 sociedades científicas europeas
7/5/2016 - O profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía Juan Blanco Carrión acaba de ser elixido presidente da EuropeanFederationofPeriodontology (EFP), entidade que agrupa 29 sociedades científicas a nivel europeo e que na actualidade conta con máis de 14.000 membros, o que a converta nunha das máis numerosas e prestixiosas do ámbito odontolóxico no plano internacional.

Profesor de Periodoncia do Departamento de Estomatoloxía da USC, Juan Blanco é ademais director do Máster en Periodoncia e do programa en formación continua homónimo. Tamén ocupa a presidencia da Sección Ibérica do InternationalTeamofImplantology (ITI) e é membro do Comité Internacional de Investigación ITI, ademais de ter presidido a Sociedade Española de Periodoncia.

Ningún comentario: