Con motivo das previsións de choiva para este fin de semana, o club vese obrigado a pospoñer o torneo unha semana
O torneo disputarase no Recinto Feiral de Amio tendo a posibilidade de xogar tanto en interior como no exterior do recinto
5/05/2016 - A previsión meteorolóxica non se aliou co Santiago Futsal para esta fin de semana. En vista das predicións que prevén choiva para venres, sábado e domingo, o club viuse obrigado a aprazar o Torneo Cidade do Futsal que se ía a celebrar nos exteriores da Cidade da Cultura.
A nova data de celebración do torneo será o sábado 14 e domingo 15 de Maio e trasládase ao Recinto Feiral de Amio, permitindo así asegurar a celebración do Torneo a pesar das condicións meteorolóxicas, xa que poderá disputarse tanto no interior como no exterior do recinto. Pese ao cambio de lugar do torneo, manteranse igualmente as 4 pistas de fútbol sala, así como as diversas zonas de xogo e inchables, pistas de voleiboll e zonas de recreación familiar.
Estímase que a participación no torneo sexa de aproximadamente 90 equipos, entre as tres categorías das que se compón: pre-benxamín, benxamín e alevín. É dicir, ao redor de 450 nenos participarán nesta 3ª Edición do Torneo Cidade do Futsal.
O prazo de inscrición de equipos prolóngase ata o vindeiro luns día 9 de Maio, sendo a participación o devandito torneo totalmente gratuíta. As inscricións poden realizarse a través da páxina web do Santiago Futsal>Eventos>Cidade do Futsal, ou nas oficinas do Santiago Futsal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario