O alcalde de Vedra esixe solucións aos continuos cortes de luz

Durante os pasados días 4 e 5 de maio sucedéronse continuados e incomprensibles cortes no subministro eléctrico en varias parroquias do concello de Vedra, que afectaron a unha boa parte da veciñanza. 
7/5/2016 - Unhas caídas da rede eléctrica que causaron danos en diversas vivendas e que son incomprensibles en pleno século XXI, sobre todo si se ten en conta que non é a primeira vez que acontecen e que por riba non teñen ningunha explicación razoable (meteorolóxica ou doutra índole).

Por este motivo Carlos Martínez Carrillo, alcalde do concello, asinou onte unha queixa formal ante a empresa Gas Natural Fenosa. Na que se lles solicita:

- Explicacións por escrito acerca da causa ou posibles causas dos ditos cortes continuos de luz.

- As comprobacións oportunas para que este tipo de avarías no volvan a ocorrer.

- Que se emita informe relativo a las citadas avarías para que las persoas prexudicadas poidan realizar as oportunas reclamacións. 

Algo, esto último, que se ten solicitado en outras ocasións de outras avarías sen obter nunca resposta.

Deste xeito a intención do goberno vedrés é a de manterse firme ante unha situación que consideran inxusta e reincidente e que pretenden paliar e evitar.

Ningún comentario: