6/5/2016 - A parroquia de Vilamaior celebrará esta fin de semana as súas festas da Ascensión. Hoxe venres, 6 de maio, terá lugar o Día da Xuventude, no que as orquestras Palladium e Fania Blanco Show porán a nota musical.
Xa para mañá sábado, día 7, o programa comezará ás 12.30 horas co traslado da imaxe da Virxe dende a igrexa ata a capela, seguido a partir das 13 horas por unha misa solemne. Neste día a orquestra Xacobeo será a encargada de animar tanto a sesión vermú como o baile da noite.
A organización ten prevista a instalación dunha gran carpa para resgardarse no caso de que o tempo non acompañe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario