Representantes do Combo Dominicano, da Asociación MelideMóvese, da Fundación Amigos de Galicia e do Concello de Melide na persoa da súa alcaldesa presentaron por segundo ano consecutivo a Gala Solidaria da man da Orquestra El Combo dominicano na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto co Presidente da asociación MelideMóvese, Alberto Buján, o representante do Combo en Galicia Lolo, cantantes da Orquestra do Combo Dominicano, o Presidente da Fundación Amigos de Galicia Jesús Busto, e representantes de Cáritas Parroquial Melide, Dolores Rodríguez e María Carmen Vázquez, presentaron na Cidade da Cultura a II Gala Solidaria do Combo Dominicano que terá lugar en Melide o día 3 de xuño.
A rexedorá melidá fixo fincapé na necesidade de apoiar este tipo de iniciativas solidarias que contan con todos os eslabóns da sociedade civil en favor dunha causa moi loable como é a recollida de alimentos e na que Melide ten demostrado unha grande acollida.
Por outra banda, o Presidente da asociación MelideMóvese, como representante da asociación organizadora sinalou a boa predisposición tanto das oenegés implicadas como da propia orquestra do Combo Dominicano que pretende apoiar máis se cabe estas iniciativas solidarias e non dúbida nin un momento cando se lle voltou a propoñer a celebración da Gala en Melide.
Tanto Fundación Amigos de Galicia como Cáritas Melide expresaron a súa gratitude pola implicación da música e da hostalería melidense así como incintando a todo aquel que o desexe a participar con alimentos de primeira necesidade, aceite, azucre ouleite, que tamén poderán adquirir na entrada do recinto. O ano pasado a Gala recadou 11 toneladas de alimentos e asistiron 3.000 persoas, límite que teñen pensado sobrepasar este ano os organizadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario