Ames – nova tempada de baile para maiores

Comeza unha nova tempada de sesións de baile para maiores

Ames, 09 de decembro de 2011. O Concello de Ames a través da Concellaría de Servizos Sociais, Familia, Dependencia e Maiores, pon en marcha unha nova edición do programa de baile para maiores. As sesións desenvolveranse entre os meses de decembro e abril e as actuacións correrán a cargo do dúo musical Eva e Camilo, que contrata directamente o Concello. A música en directo e a posibilidade de pasar unha tarde entretida son os principais reclamos desta actividade na que ademais os participantes coñecen a outras persoas nun ambiente festivo e distendido. A Concellería que dirixe Mª Dolores Fernández deseñou un programa para que os domingos a Casa da Cultura de Bertamiráns e o Centro Social de Xubilados de Milladoiro acollan estas xornadas de baile.AMES - BAILE PARA MAIORES

As sesións de baile comezan este domingo día 11 de decembro no Local de Xubilados do Milladoiro, mentres que na Casa da Cultura de Bertamiráns iniciaranse o próximo domingo día 18 de decembro. As datas nas que haberá baile serán o 11 de decembro, 15 de xaneiro, 12 de febreiro, 11 de marzo e 15 de abril en Milladoiro. Na localidade de Bertamiráns as datas serán o 18 de decembro, o 22 de xaneiro, o 19 de febreiro o 18 de marzo e o 22 de abril. O horario desta actividade será o mesmo todos os domingos, de 19.00 a 22.00 horas.

Esta actividade organízase co obxectivo de que sexa un espazo de encontro e de lecer no que os veciños e veciñas maiores, e os non tan maiores, ademais de bailar, se relacionen cos amigos e coñecidos e establezan amizades novas.

Ningún comentario: