Sábado 10
11.00 h
No Museo do Pobo Galego, o concelleiro Albino Vázquez Aldrey asiste en representación do alcalde á Asemblea Xeral Ordinaria do Padroado do Museo do Pobo Galego.
11.00 h
Na igrexa parroquial de Lavacolla, a concelleira Amelia González asiste en representación do alcalde aos actos con motivo da festividade da Virxe de Loreto, patroa do Exército do Aire.
11.15 h
Con saída da estación de tren de Santiago, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á viaxe inaugural do AVE Santiago-Ourense. A chegada a Ourense está prevista para as 12.15 h e o acto de inauguración para as 12.30 h.
20.00 h
No Teatro Principal, Hipócrita Teatro presenta 'Homes en escabeche' dentro do X Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.
Domingo 11
11.00 h
No Restaurante Garum (Praciña das Penas, 1), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste a un obradoiro de cociña para nenos organizado pola Asociación de Veciños Compostela Vella en colaboración co Restaurante Garum.
21.00 h
No Teatro Principal, Achádego Teatro presenta 'As alegres comadres' dentro do X Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.
Luns 12
11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe a Sheldon Glashow, Nobel de Física en 1979, que visita Santiago dentro do programa ConCiencia.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campus Verónica Boquete.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
21.00 h
No Teatro Principal, O aturuxo de Melpómene presenta 'O método' dentro do X Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario