A CASA DA CULTURA DE TORDOIA CELEBROU UN RECITAL PARA PRESENTAR O POEMARIO “LA VERDAD DE LA VIDA” DA VECIÑA BEGOÑA PICÓN
5 de decembro 2011.- O Casa da Cultura de Tordoia quedouse pequena para arroupar a poeta e escritora Begoña Picón, natural de Gorgullos, na presentación do seu último libro, “La verdad de la vida”, unha publicación que recolle poemas de amor que xiran arredor da persoa amada, mesturados con elementos da natureza como o vento, o mar, a lúa ou as estrelas. Na presentación a autora estivo acompañada por outros escritores como Lucía Vilches, Antón Borrazás, Manolo Pombo e Carmen Corral, cos que xa tiña participando noutros recitais. Todos eles ofreceron un recital composto por poemas propios e da escritora Begoña Picón, autora doutros libros de poesía como “Falei co vento”, “La vida”, “El mar y yo”, ademais de contos infantis no eido da prosa.
A soprano Estíbaliz Espinosa foi a encargada de poñer a amenización musical, ofrecendo un recital de pezas clásicas que acompañaron a presentación do libro e posteriormente serviron para pechar o acto. O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, quen tamén tomou parte no evento, amosouse moi satifeito de poder poñer á disposición da escritora a Casa da Cultura xa que “aínda que traballa e vive na Coruña nunca perdeu as súa raigame e o nexo con Tordoia, que sigue estando presente para ela na súa obra”, afirmou ao tempo que puxo de manifesto a apoio que o concello prestaba así á difusión da cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario