A POLICÍA LOCAL PARTICIPA COA GARDA CIVIL NA DETENCIÓN DE DÚAS PERSOAS EN REGOUFE-LUOU POR VENTA DE DROGAS
09 de decembro de 2011. A policía local de Teo participou esta mañá nun operativo conxuntamente coa Garda Civil no que se detiveron a dúas persoas en Regoufe, na parroquia de Luou por venta de drogas.
O rexistro do domicilio realizouse esta mañá sobre as 12:00 horas e durante o mesmo atopáronse 8 gramos de heroína, diversos obxectos roubados e unha cantidade de cartos en metálico.
A detención destas dúas persoas por venta de drogas fíxose despois de realizar labores de vixiancias nas últimas semanas. Os detidos xa foron trasladados ó posto da Garda Civil do Milladoiro para ser postos a disposición xudicial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario