Brión – concurso tarxetas de nadal

O CONCURSO DE TARXETAS DO NADAL DO CONCELLO DE BRIÓN ALCANZA A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN

As tarxetas poden entregarse nos centros escolares do municipio antes do 21 de decembro ou na Casa da Cultura ata o 23 de decembro

07 de decembro de 2011.- O Concello de Brión convoca un ano máis o seu tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, dirixido a todos os nenos e nenas en idade escolar do municipio. Un concurso que este ano celebra a súa vixésima edición, despois de que no Nadal de 1991 o Concello de Brión decidise convocar este pequeno certame como medio de promoción das artes plásticas entre a comunidade escolar brionesa.

Para esta especial ocasión, o Concello de Brión estableceu tres premios para cada unha das etapas educativas: educación infantil, 1º-2º-3º ciclos de Primaria e 1º-2º ciclos da ESO. Uns premios consistentes en vales intercambiables por libros, xogos ou material escolar, así como o correspondente diploma acreditativo.

A técnica e os material para a elaboración das tarxetas son totalmente libres. Unhas tarxetas que poderán entregarse en calquera dos centros de ensino de Brión ata o mércores 21 de decembro. E os máis rezagados poderán entregar as súas creacións na Casa da Cultura de Brión ata o venres 23 de decembro. A decisión do xurado darase a coñecer durante a Cabalgada de Reis.

Ningún comentario: