Cineuropa consolídase como referencia da vangarda do cinema europeo e incrementa o seu público
· Case 34.000 espectadores avalan a programación desta XXV edición de Cineuropa
· O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, salienta a “importancia de que Cineuropa transcenda Santiago”, aspira aos 40.000 afeccionados na próxima edición e valora a música como un “excelente complemento” da programación do Festival
· O director do certame, José Luis Losa, agradeceu especialmente “a complicidade do público” ante un programa “máis arriscado e difícil” que en outras edicións
· “The Artist” de Michel Hazanavicius álzase co Premio Cineuropa do Público
Santiago de Compostela, 05/12/2011.- A XXV edición de Cineuropa foi todo un éxito e bateu todos os seus récords, consolidándose como unha referencia entre os máis prestixiosos festivais de cine. Pero sobre todo, segundo destacou hoxe en rolda de prensa o responsable de Cultura do Concello de Santiago, Ángel Currás, Cineuropa contou co apoio incondicional do seu público que acadou os 33.710 espectadores, o que supón un incremento do 6% con respecto á edición anterior. Un dato, aínda máis salientable tendo en conta o contexto actual de crise e o feito de contar este ano cunha sala de proxección menos. Neste sentido, o concelleiro de Cultura, aposta por seguir medrando e acadar os 40.000 espectadores na próxima convocatoria de Cineuropa porque “cremos que o festival non tocou teito e aspiramos a manternos como unha referencia en España”. Para isto, considera necesario a actualización e adaptación ás novas tecnoloxías e “buscar novos espazos” e mencionou o seu interese en que a Sala Yago pase a formar parte das salas de proxección do certame, que manifestou “é clave par ao desenvolvemento de actividades educativas e culturais” e na que, dixo, “temos grandes esperanzas”.
Ángel Currás valorou a programación desta edición “que recolleu o máis destacado da produción europea de vangarda, que constitúe a columna vertebral do festival”, así como o feito de que este ano se ofreceran dous concertos –no caso do Premio Cineuropa, Jorge Drexler, obrigando a trasladar a cerimonia ao Auditorio de Galicia, ante a gran demanda de público- que confirman a idea de que “a “música e un excelente complemento do cine, polo que haberá que seguir apostando”.
O concelleiro de Cultura, fixo tamén un repaso ás “interesantes retrospectivas” exhibidas este 2011, desde a de Shion Sono á da Escola de Berlín ou a dos 25 anos de Cineuropa; destacou o aumento de actividades dirixidas aos nenos, desde os obradoiros de cine ás actividades ofrecidas na Caixiña dos mistos; e sinalou o impacto mediático de Cineuropa neste aniversario, con conexións en directo nos informativos tanto galegos como estatais e as reseñas en programas culturais e especializados que
Ningún comentario:
Publicar un comentario