Oroso – charla coa considerada mellor futbolista do mundo, Verónica Boquete

A ED XUVENTUDE OROSO ORGANIZA UNHA CHARLA-COLOQUIO COA SANTIAGUESA VERÓNICA BOQUETE, CONSIDERADA A MELLOR FUTBOLISTA DO MUNDO

A xornada está dirixida a todos os nenos e nenas de Oroso e terá lugar o luns 12 de decembro, ás 20:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro

09 de decembro de 2011.- O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este luns 12 de decembro, ás 20:00 horas, unha charla-coloquio coa futbolista compostelá Verónica Boquete, considerada a mellor xogadora de fútbol do mundo. Unha iniciativa organizada pola Escola Deportiva Xuventude Oroso, coa colaboración do Concello de Oroso, e que está especialmente dirixida a todos os nenos e nenas do municipio.

Verónica Boquete (Santiago 1987) xoga actualmente como dianteira no Enegy Voronezh da Top División de Rusia e é indiscutible na selección feminina de fútbol de España. A dianteira galega vén de ser nomeada este ano como mellor xogadora (MVP) da Women´s Professional Soccer, a liga profesional de fútbol feminino estadounidense que se disputa en primavera e verán, e que está considerada como a máis potente do mundo. Boquete, que xogou no Philadelphia Independence, impúxose na votación a unha lenda deste deporte, a brasileira Marta, que fora Balón de Ouro nos últimos cinco anos. Mentres xogou en España, logrou un subcampionato da Superliga e dúas Copas da Raiña.

Ningún comentario: