O goberno de Silleda chega a un acordo con Fenosa para cancelar a débeda histórica
-A alcaldesa, Paula Fernández Pena, destaca que seguirá esta filosofía para afrontar, mediante a compesación de pagos, a débeda municipal con outras entidades
-Nestes momentos estase a negociar tamén con Hidroeléctrica de Silleda para saldar un dos lastres pendentes
Silleda, 3 de decembro de 2011. O goberno municipal de Silleda vén de chegar a un acordo coa compañía eléctrica Unión Fenosa para saldar a débeda que a compañía mantiña con esta operadora e que se consideraba como histórica. A empresa viña reclamando o pago de 5.223 euros ás arcas municipais, que quedarán saldados logo da compensación acordada por ambas entidades. Así, e por outra banda, a data 31 de xaneiro de este ano, Fenosa tiña pendente de abono ao Concello outra cantidade, por importe de 19.392,66 euros, en concepto de taxa por utilización privativa e aproveitamento especial do solo, voo e subsolo da vía pública.
Deste xeito, co sistema de compensación, Fenosa aínda lle quedaría debendo 14.169,66 euros ás arcas municipais silledenses. Aínda así, hai que ter en conta que pese ao saldo positivo para o Concello, aínda se lle deben á compañía actual Gas Natural Sur, pagos correspondentes a varios alumeados públicos por consumos de este exercicio de 2011.
“Trátase dun bo acordo co que conseguimos zanxar a débeda cun dos acreedores”, remarca Paula Fernández Pena. A alcaldesa silledense explica que esta filosofía, para a compensación de pagos con empresas “é a que seguiremos para outros casos, a fin de poder pechar, dunha vez por todas, débedas que levan anos lastrando a contabilidade municipal, nalgún caso pola desidia de gobernos anteriores que en lugar de sentarse a negociar deixaron que os pagos pendentes foran medrando”, sentencia.
Así, e na mesma liña, Paula Fernández avanza que está próximo a pecharse un acordo con Hidroeléctrica de Silleda, a principal compañía eléctrica coa que traballa o Concello. A alcaldesa xa firmara un acordo con esta operadora local durante a súa anterior etapa no goberno (no ano 2008), seguindo a líña da compensación e estabrecendo un calendario de pagos. “Agora esperamos poder pechar canto antes as negociacións e plasmalas nun novo acordo”, engade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario