ARREGLADO O ACCESO A BUSCÁS DESDE A AC-524
Gonzalo Castro amosa a súa satisfacción porque se executase a moción do BNG para o arreglo deste acceso que foi aprobada polo último Pleno
O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, amosou a súa satisfacción porque se executase a moción do BNG, aprobada polo último Pleno de novembro, na que se demandaba ao goberno municipal arreglase de inmediato o deplorable estado do acceso á parroquia de Buscás desde a AC-524, que se atopaba cheo de fochancas que case non permitían a circulación de vehículos.
Castro salientou que “afortunadamente, esta actuación remata coa situación inaceptábel que estaban a vivir os os veciños e veciñas de Buscás, que se vian case imposibilitados a circular polo principal acceso a unha parroquia que conta con máis de 500 habitantes”.
O portavoz nacionalista emprazou ao alcalde e ao goberno do PP na Xunta “a cesar na súa actitude irresponsable e partidista ao manter paralisada a execución da Rolda Leste, cun contencioso entre Concello e Xunta que xa resulta esperpéntico, e finalicen coa maior celeridade a execución desta importante infraestructura”.
Para Gonzalo Castro, a actitude do alcalde e do goberno do PP na Xunta podería resumirse co seguinte dito: “uns polos outros e a casa sen barrer, mais o que resulta inadmisíbel é que quenes pagan as consecuencias desta actitude irresponsábel do alcalde e do goberno do PP na Xunta sexan os veciños e veciñas de Ordes, que ven paralisada unha obra de moita importancia para o desenvolvemento do seu concello.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario