A Casa da Xuventude acolle dende o luns obradoiros de Nadal
Silleda, 3 de decembro de 2011. As instalacións da Casa da Xuventude de Silleda acollerán a vindeira semana dúas sesións con obradoiros de Nadal para nenos e nenas. Con esta iniciativa, na que os cativos participantes elaborarán os adornos propios de Nadal con distintos materias e técnicas, os elementos realizados pasarán a formar parte da decoración deste espazo durante as vindeiras datas festivas. As sesións celebraranse o luns día 5 e o martes día 6, en horario de 16.30 a 19.30 horas. “Pretendemos fomentar a creatividade dos participantes ademais de ofrecer unha alternativa de ocio”, sinala a concelleira de Xuventude e Infancia, Margarita Campos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario