Melide – reunión da alcaldesa con empresarios do polígono da Madanela

A alcaldesa de Melide manterá unha reunión informativa o vindeiro luns cos empresarios do Polígono Industrial da Madanela.

  • O vindeiro luns día 12 de decembro, a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez manterá unha reunión informativa cos empresarios do Polígono Industrial da Madanela co fin de trasmitirlles as axudas económicas que a Consellería de Industria contempla para o vindeiro ano e informarlle de todos os trámites necesarios para acollerse a lexislación vixente na materia.
  • De igual maneira, trataránse temas de vital importancia como a previsión do executivo melidense en canto a ampliación do polígono actual así como informar sobre a lexislación de regularización de actividades e construccións que se encontran actualmente fora de ordenación.

Melide, 7 de decembro 2011.-Ánxeles Vázquez manterá a vindeira seman unha reunión con máis de trinta empresarios afincados no Polígono Industrial da Madanela co fin de informárlles aos mesmos das axudas que a Consellería de Industrial prevee sacar o próximo ano.

Outro dos temas que estarán na orde do día será explicar o motivo polo cál se está a realizar un estudio dende a Consellería de Medioambiente, territorio e infraestructuras da Xunta de Galicia para barallar a posibilidade técnica de derivar os residuos das industrias localizadas no polígono melidense á depuradora xeral así como repartir entre o empresariado circulares informativas da documentación a achegar para cumplir cos trámites esixidos pola Xunta de Galicia.

Nesta reunión outro dos temas fundamentais será a previsión de ampliación do Polígono Industrial da Madanela no PXOM. O PXOM preverá a ampliación do solo industrial na mesma  medida en que Medio Rural estipulou como solo de non máxima protección, solo na que se poderán situar todas aquelas empresas que teñan como o seu sector de actividade o de transformación dos recursos primarios que teñen que ver co medio agrario. Nesta liña tamén se tratarán outras cuestións de máxima importancia como é a regularización das naves industrias que están construidas en solo rústico fóra do solo denominado industrial, empresarios que teñen de prazo ata abril de 2012 para regularizar tanto a construcción como a actividade se pode acreditarse que a súa actividade é anterior ao ano 2003. Con ésta regularización consiguese unha maior seguridade xurídica para ditas empresas ademáis da posibilidade de efectuar reformas. 

Ningún comentario: