A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo xa presentou o proxecto do albergue de peregrinos de A Bandeira
-O departamento de Urbanismo analizará a proposta tratando de axilizar ao máximo a instalación desta construcción modular
-Estará situado na rúa Agro do Balo, cun total de 36 prazas e ven a completar a rede de albergues na Vía da Prata
Silleda, 5 de decembro de 2011. O proxecto para a dotación do albergue de peregrinos de A Bandeira está xa no Concello de Silleda. A S.A de Xestión do Plan Xacobeo, que asinou un convenio coa Administración Local, vén de remitir o proxecto que agora analizará o departamento de Urbanismo para a concesión da preceptiva licenza.
O edificio, con módulos prefabricados situarase nunha parcela da rúa Agro do Balo, cunha superficie de 1.130 metros cadrados. Construirase coa colocación dun total de 13 módulos prefabricados de alta calidade, con climatización, un patio interior cuberto, e instalacións de enerxías renovables. A capacidade, como xa se anunciou no seu día, é de 36 prazas. O conxunto, segundo consta no proxecto redactado por Rouco y García Arquitectos, realizase en pranta baixa. O espazo distribuese en dormitorios, dormitorios para persoas con discapacidade, aseos, duchas e cociña-comedor. Así mesmo, as zonas disponibles entre os módulos servirán como áreas de descanso e zona de lavado e secado.
O exterior do edificio quedará revestido con paneis de resinas termoendurecibles (tipo “trespa”), mentras que os espazos xenerados entre os módulos realizaranse a base de pranchas de polietileno reticulado. “En vista de que se trata dun proxecto de interese público e do retraso acumulado, dende o departamento de Urbanismo trataremos de axilizar ao máximo posible a concesión do pertinente permiso para contar, canto antes, cun servizo moi agardado”, sinala a alcaldesa e responsable de Urbanismo, Paula Fernández Pena. A solar cedido por un veciño da localidade conta coa catalogación de solar e ten tamén acceso pola rúa Lourás.
Retraso polo cambio de parcela
Como xa explicara o concelleiro de Cultura e Turismo, Matías Rodríguez da Torre, en semanas pasadas, o retraso na dotación do albergue de peregrinos que completará a rede da Vía da Prata, só se pode achacar as reformas necesarias para adaptar a construcción modular ao solar que cedu un veciño da Bandeira. O anterior goberno local xestionara a cesión doutro particular, na rúa da Empanada, pero éste finalmente renunciou ao acordo. Ademais da dispoñibilidade de servizos para os usuarios, a chegada do albergue, que será xestionado polo Xacobeo, tamén suporía a dinamización en sectores como a hostelería ou o comercio local coa apertura das novas instalacións. O convenio entre o Concello de Silleda e o Xacobeo establece que a cesión do terreo se realizará por un prazo de 15 anos, coa posibilidade de revisar o acordo no primeiro lustro.
Coa apertura das novas instalacións en A Bandeira pecharase o servizo de albergue no Camping de Medelo. Neste último, tan sólo estaban habilitadas 8 prazas. Polas características do edificio e a súa distancia (está a uns 5 kilómetros de A Bandeira e obrigaba aos peregrinos a desviarse da ruta cara a Compostela) non reunía as condicións axeitadas para dar un servizo ás persoas que realizan cada ano o Camiño de Santiago utilizando a Vía da Prata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario