O PARTIDO SOCIALISTA PRESENTA ALEGACIÓNS AO PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS DA XUNTA PARA QUE ORDES RECIBA MÁIS DE 1,27 MILLÓNS DE EUROS
Xesús Pedreira solicitou que se incluíran tres obras de saneamento no rural ordense, unha axuda para o museo do traxe e o remate da parcelaria de Lesta-Parada
05 de decembro de 2011.- O PSdeG-PSOE vén de presentar alegacións ao proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais de Galicia 2012 para que recolla catro partidas que suman máis de 1,27 millóns de euros para distintas actuacións no municipio de Ordes. Unhas enmendas presentadas a instancias do concelleiro socialista ordense Xesús Pedreira e que recollen “unhas obras de saneamento e abastecemento moi necesarias para os veciños, aos que se ten que dar xa unha resposta”.
Neste sentido, compre destacar que os socialistas de Ordes xa levan dende o ano 2010 denunciando que a Xunta non cumpre cos seus compromisos cos veciños e veciñas de Ordes en materia de saneamento e abastecemento, ao non contemplar investimentos que xa estaban comprometidos e mesmo deixando en nada obras que xa tiñan o proxecto feito. A enmenda presentada polo PSdeG-PSOE aos orzamentos autonómicos esixe a inclusión dunha partida de 1.256.253 euros para obras de saneamento no rural de Ordes, o remate do saneamento entre A Brea e o Mesón do Vento e diversos proxectos de abastecemento en varias vías de Ordes.
Parcelaria e museo
Así mesmo, os socialistas demandan a execución da concentración parcelaria de Lesta-Parada. Unha petición incluída nunha enmenda presentada á Sociedade Pública de Investimentos e que inclúe a outras dez parcelarias noutros tantos concellos galegos de interese agrario ou gandeiro que, ao igual que Ordes, teñen iniciado xa o seu proceso de concentración parcelaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario