O CONCELLO DE BRIÓN OFERTA 60 PRAZAS NOS SEUS OBRADOIROS DE CONCILIACIÓN FAMILIAR NO NADAL PARA NENOS E NENAS ENTRE 3 E 12 ANOS
5 de decembro de 2011. O Concello de Brión vén de convocar os seus “Obradoiros de Nadal 2011”, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais do municipio. Así, un máximo de sesenta nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, poderán ocupar as mañáns dos días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, así como as do 2 e 3 de xaneiro, con actividades de lecer.
As actividades terán lugar este ano nas instalacións do CEIP de Pedrouzos, en horario de 10:00 a 13:30 horas. O prezo de matrícula é de 25 euros, que inclúe o servizo de transporte. As inscricións deberán formalizarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08. A admisición farase por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os rapaces empadroados en Brión. A actividade só se levará a cabo se hai un mínimo de 20 rapaces anotados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario