Arzúa - Esta fin de semana volve a Feira ecolóxica máis importante de Galicia

A Feira Ecolóxica de Arzúa, organizada polo Concello e xestionada por Culturactiva SCG, volverá situar na vila coruñesa o epicentro do sector verde galego esta fin de semana. A duodécima edición da mostra prestará unha especial atención ao sector lácteo, xa que por primeira vez haberá espazo na feira para o leite ecolóxico e celebrarase unha mesa redonda na que se abordará dende diferentes perspectivas a situación dun dos sectores clave da economía galega.Así o sinalarona concelleira de Medio Ambiente de Arzúa, Pilar Castro, e o coordinador da Feira Ecolóxica, Manuel Roxo, que presentaron este xovesen rolda de prensa a programación completa do encontro.Nas súas intervencións, destacouse a importancia dun evento xa consolidado e recoñecido como referente para o sector ecolóxico, ademais de repasar polo miúdo as máis de 60 propostas que se exporán no Recinto Feiral Terra do Queixo.

A concelleira Pilar Castro sinalou na súa intervención que cómpre buscar alternativas para un sector clave para Galicia e que está en crise, considerando que a “hai que buscar alternativas” e considerou que estas pasan pola produción ecolóxica. Pola súa banda, Manuel Roxo indicou que falamos dun sector “maltratado” e quixo dárselle unha “presenza especial” para situar o foco do debate sobre a alternativa ecolóxica. Así, tomarase o pulso á actualidade agrogandeira a través dunha mesa redonda sobre esta problemática o domingo 15 ás 12:00 horas na aula 3, que estará moderada por Pilar Castro e contará coa presenza do experto en xestión agrogandeira e natureza, Xan Pouliquen, o produtor lácteo, JesúsGabriel Pereira, e o coordinador do Sindicato Labrego Galego nas comarcas de Arzúa e Melide, Xulio Fernández.

Na comparecencia ante os medios de comunicación destacáronse tamén outras novidades do encontro, como o pan ecolóxico, do que poderemos atopar unha ampla variedade. As conservasde algas e vexetais,os licores ou pasta ecolóxica serán outras das propostas novidosas entre as que poderán atopar os visitantes nos máis de 60 postos da Feira. “Moita da xente que está investigando no sector verde, apostando polo I+D+i ecolóxico terá presenza na Feira. Os expositores e expositoras que traen estes produtos fano con moita ilusión, notáselles o brillo nos ollos e teñen un discurso rompedor”, apuntou Manuel Roxo. Castro, pola súa banda, asegurou que “o Concello de Arzúa mantén a súa aposta pola Feira Ecolóxica, xa que supón un elemento dinamizador da economía local e un impulso ás empresas de produción local e aos emprendedores”.Nesta duodécima edición atoparemos as seguintes seccións, nas que estarán repartidos os stands: sector ecolóxico-alimentación, cooperativas e entidades, cosmética e crianza natural, terapias alternativas e medicina natural, especial xantar e artesanía.

PROGRAMACIÓN CULTURAL E FORMATIVA

Como vén sendo habitual, a Feira Ecolóxica terá un amplo programa de actividades complementarias. Ademais da xa mencionada mesa redonda, no apartado formativo haberá cinco obradoiros -cosmética natural, xogo Kapla, aromatoloxía, cociña e naturopatía e tratamentos invernais-, tres demostracións -traballos en coiro, pinturas naturais, talla de escultura en madeira reciclada-, dúas exposicións–“a compostaxe e o compost” e“os residuos, un problema de todos e de todas”-, a presentación do xornal dixital sobre o agro galego www.campogalego.com e a proxección do documental En todas as mans. 

No tocante á programación cultural, a Feira Ecolóxica contará coas actuacións de Luís Iglesia e Xabier Deive na exitosa obra Sede de Mal -da compañía Boneca Lareta-, o mago Dani García e o contacontosSanti Prego.Iglesia e Deive porán o peche á Feira coa montaxe teatral coa que no último ano e medio xiraron por toda Galicia con máis de 50 funcións ás que asistiron máis de dez mil espectadores para gozar desta comedia a doce cordas sobre o lado escuro da vida. Será o domingo 15 ás 19.30 no escenario da planta baixa do Recinto Feiral Terra do Queixo. No mesmo lugar á mesma hora do sábado 14 poderemos ver ao recoñecido contacontosSanti Prego, mentres que Dani García porá a animación máxica no papel de Don Gelati domingo 15 en varias sesións e percorrendo diversos espazos do recinto.a

Ningún comentario: