O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá hoxe venres 13 de novembro, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Elos de cinza”, de Xosé Manuel Lobato e editado por Ézaro Edicións. Unha presentación na que estará acompañado polo concelleiro de Cultura, Luís Rey, e polo poeta Miro Villar, que fará unha presentación do libro antes de establecer un debate co público asistente. A entrada é libre e de balde.
“Elos de cinza “ é unha escolma de relatos de Xosé M. Lobato que recolle dez secuencias estruturadas en doce relatos que se nutren das lendas galegas, gran parte delas arredor do Pico Sacro. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, Xosé M. Lobato é profesor e ten publicados varios libros como "Autoconcepto en hijos de emigrantes" (2001), "Diáspora.com" (2002), "Cos pés na peneira" (2005), "Retorno a natura" (2009), "Máxico tear natural" (2010) e "As dúas ourelas" (2012).
Ningún comentario:
Publicar un comentario