O programa Silleda Form@cción posto en marcha pola Concellería de Cultura de Silleda, inaugurase a vindeira semana co Curso de Prantas Aromáticas e Medicinais.
Celebrarse dende o vindeiro día 18 na Casa da Cultura de Silleda, en horario de 18.00 a 19.30 horas durante todos os mércores ata o mes de xaneiro.
As persoas que estén interesadas aínda poden anotarse.
Este é o primeiro dos seis curso do programa Silleda Form@acción que pecha o número mínimo de alumnos.
Ademais deste ciclo ofertase no ámbito da expresión artística e corporal un curso de iniciación á fotografía; un curso de teatro , outro de recursos expresivos (expresión oral e corporal e escrita creativa) e tamén pintura. Precísase un mínimo de 13 persoas por curso (no caso de pintura,10).
O programa, denominado Silleda Form@cción, tamén inclúe ademais outro curso de temática medioambiental, sobre poda e inxerto.
O prezo é tamén similar aos cursos do rural, con 15 euros ao mes por persoa. Aqueles que estén interesados deben de presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. As datas e horarios conviranse cos inscritos en cada curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario