Este xoves estrearase Virgin Mountain, un traballo de Dagur Kári avalado polos seus tres galardóns no Festival de Tribeca nas categorías de mellor película, actor e guión, e cuxo actor principal, Gunnar Jónsson, tamén foi premiado na Seminci de Valladolid, polo seu papel de xigantón entrañable. Virgin Mountain é a historia de Fúsi, un neno grande e inadaptado nun mundo onde non é socialmente aceptable conservar a inocencia infantil con máis de 40 anos. Dagur Kári aposta polo humor e a tenrura para obrigarnos a empatizar co personaxe de tal forma que pasamos hora e media entre sorrisos e bágoas. Proxectarase ás 20:00 h no Teatro Principal.
Ademais, o outro plato forte do día é a colaboración xa habitual da
Real Filharmonía de Galicia con Cineuropa. Ás 21.00 h no Auditorio de Galicia,
a orquestra poñerálle música a ‘A woman of affairs’ (‘A muller lixeira’) de
Clarence Brown, con Greta Garbo e John Gilbert e música de Carl Davis. Estarán
dirixidos por Diego Masson e previamente, ás 20.15 h, teremos un Conversando
con… Ángel Luis Hueso e José Luis Losa tamén no propio Auditorio de Galicia.
Ás 20:00 h pero no Salón Teatro estrearase The Lesson (Urok),
ópera prima de Kristina Grozeva e Petar Valchanov, candidata ao Premio LUX
desta edición e Premio Novos Realizadores en San Sebastián. É outra película
centrada nun único personaxe, neste caso Nadezhda, unha profesora que dá
leccións de ética aos seus alumnos pero que por certas circunstancias verase
obrigada a cometer actos de dubidosa moralidade. A película achégase ao
realismo característico do cinema social europeo co uso da cámara en man e a
ausencia de banda sonora.
A continuación, ás 22:00 h no Salón Teatro, proxectarase She's
funny that way, unha continuación natural do ciclo da pasada edición, Cando
Tiburón devorou o cine: ascenso e caída do Novo Hollywood, un final feliz
en forma de comedia coral clásica ao máis puro estilo Lubitsch que xa abordara
(e bordara) en ¿Que me pasa, doctor? o seu director, o cineasta Peter
Bogdanovich.
Esta xornada tamén se poderá asistir aos segundos pases de Slow
West de John Maclean (Teatro Principal ás 21:45 h), The misplaced world
de Margarethe von Trotta (Salón Teatro ás 18:15 h) e Cop Car de Jon
Watts (Salón Teatro ás 23:45 h). E proxectaranse por última vez Listen Up
Philip, de Alex Ross Perry (Teatro Principal ás 18:00 h), e Son of Saul,
de László Nemes (ás 23:15 h tamén no Principal).
A programación do día completarase con outras películas das seccións Filmadas
en 1965, Ciclo Amos Kollek, Docs Music e Roxos e
Marcianos: a caza de Bruxas en Hollywood proxectadas no Teatro Principal,
Salón Teatro, CGAC e sede Afundación. Todas as películas destas seccións son de
entrada libre até completar capacidade.
PROGRAMA
COMPLETO XOVES 12
TEATRO
PRINCIPAL
16:15 LÁSKY
JEDNÉ PLAVOVLÁSKY (OS AMORES DUNHA LOIRA) Milos Forman
18:00 LISTEN
UP PHILIP Alex Ross Perry
20:00 VIRGIN
MOUNTAIN Dagur Kári
21:45 SLOW
WEST John Maclean
23:15 SON OF
SAUL László Nemes
01:00 YOYO
Pierre Étaix
SALÓN TEATRO
16:30 SUE
(SUE, PERDIDA EN MANHATTAN) Amos Kollek
18:15 THE
MISPLACED WORLD Margarethe von Trotta
20:00 THE
LESSON (UROK) Kristina Grozeva, Petar Valchanov
22:00 SHE’S
FUNNY THAT WAY Peter Bogdanovich
23:45 COP CAR
Jon Watts
CGAC
16:30 RESPECT
YOURSELF, THE STAX RECORDS STORY Robert Gordon y Morgan Neville
18:30 THE
WHIP HAND (A MAN NA SOMBRA) William Cameron Menzies
20:00 THE
THIEF (O ESPÍA) Russell Rouse
21:30 FOREVER
LULU Amos Kollek
23:00 RAY
CHARLES, THE GENIUS OF SOUL Yvonne Smith
SEDE
AFUNDACIÓN
16:30 THE RED
HOUSE (A CASA VERMELLA) Delmer Daves
18:15 THE
NAKED CITY (A CIDADE ESPIDA) Jules Dassin
19:55
DESTINATION TOKYO (DESTINO TOKIO) Delmer Daves
AUDITORIO DE GALICIA
20.15 h
Conversando con… Ángel Luis Hueso e José Luis Losa
21.00 h
Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Ningún comentario:
Publicar un comentario