Lalín - Cambios nas Feiras do domingo

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, anunciou a decisión tomada polo grupo de Goberno de manter, de cara o ano que vén, as feiras os domingos, no caso de cadren nesta xornada festiva, e non cambialos de día tal e como se viña facendo ata o de agora. Con esta medida preténdese dar resposta a unha recorrente demanda da cidadanía, que vén pedindo asiduamente, a través de diferentes canles, que se produza este cambio, sobre todo por parte daquelas persoas que debido ás súas ocupacións laborais non se poden permitir asistir á gran maioría das xornadas de feira.

O Goberno municipal considera que a decisión vai ser moi positiva para os intereses de Lalín, xa que se agarda que os domingos de feira teña lugar unha maior afluencia de público, tal e como sucede noutras vilas que celebra o mercado na xornada dominical. Preténdese, ao mesmo tempo, dinamizar as fins de semana, buscando que se incremente o consumo e aumente a actividade na vila, non só polas mañás, senón durante todo o día. 

A primeira feira que se celebrará en domingo será a do próximo 3 de xaneiro, aínda que no calendario do 2016 son en total 5 as xornadas feiradas que coincidirán o último día da semana. Estas serán, a parte do 3 de xaneiro, o 3 de abril, o 3 de xullo, o 18 de setembro e o 18 de decembro. 

O rexedor, Rafael Cuíña, explicou que o Goberno de Lalín tamén tomou esta decisión movido polo interese de facer a proba para comprobar como funciona unha modificación no calendario de feiras que vén sendo moi debatida en Lalín dende hai moitos

Ningún comentario: