Cámara de Comercio - Taller sobre fórmulas de financiamento

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará hoxe luns, día 9, un taller práctico gratuíto para ensinar a conseguir financiamento para proxectos empresariais. Impartirase no viveiro de empresas de Costa Vella entre as 11:30 e as 13:00 horas.

O obradoiro, titulado “Incrementa as túas posibilidades de éxito para financiarte”, forma parte do programa “Aprendeafinanciarte.com”. Está dirixido a pemes, autónomos e emprendedores que buscan financiamento para os seus negocios. 

O contido do taller inclúe unha introdución á plataforma integral 2.0 “Aprendeafinanciarte.com”, creada polas Cámaras para facilitar o acceso ao crédito. Esta iniciativa, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder), ofrece aos usuarios asesoramento personalizado e información das opcións de financiamento público e privado, como son o capital propio, o financiamento bancario ou os novos mecanismos emerxentes, como o crowlending e crowdfunding, os business angels e as sociedades de garantía recíproca.

Ademais, os asistentes coñecerán as pautas concretas para dirixirse a unha entidade financeira e presentar o seu proxecto de forma efectiva, co obxecto de conseguir unha resposta óptima na negociación bancaria presentando un dosier bancario e un informe de risco bancario profesionais.

Ningún comentario: