Amosando publicacións coa etiqueta CINEUROPA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CINEUROPA. Amosar todas as publicacións

Santiago - 'Frankenstein-04155' gaña a XXIX edición de Cineuropa

Cineuropa rematou o pasado domingo, 29 de novembro, a súa 29ª edición, na que puidemos ver máis de 300 filmes. En total foron 29.700 persoas as que asistiron ás proxeccións, incluídas as acompañadas con música en directo da Banda Municipal de Música e da Real Filharmonía de Galicia. Esta XXIX edición foi ademais a de maior número de películas da historia: 302 filmes inseridos en 21 seccións e cunha sección oficial, buque insignia do festival, que tamén bateu récords con 35 películas. O festival celebrouse do 6 ao 28 de novembro en cinco salas da cidade: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia e este ano estrenou dominio novo en internet: cineuropal.gal

‘Frankenstein-04155’, gañadora de Cineuropa cun 9’53

A gañadora desta edición foi ‘Frankenstein-04155’ do galego Aitor Rei que tivo a súa estrea o 18 de novembro nun Teatro Principal ateigado que lle deu de nota un 9,53. Esta película documental analiza as múltiples variables que influíron no fatal accidente do Alvia 04155 o 24 de xullo de 2013. A película, producida por Boneca Lareta, contou coa colaboración da Plataforma de Vítimas Alvia 04155, que estiveron presentes xunto a Aitor Rei na proxección, e recibiu financiamento a través de achegas de particulares mediante unha plataforma de crowfunding. En canto á Sección Oficial, a gañadora foi ‘Le Nouveau’, comedia francesa coa que se inaugurou esta edición, que conseguira o premio Novos Realizadores en San Sebastián e ao que o público lle deu un 8,46 de nota; e en Panorama Internacional a maior nota, un 8,35, foi para ‘El botón de Nácar’.

O Cineuropa máis social

O premio do público veu a avalar a decisión do equipo de facer bandeira deste Cineuropa ao cinema máis palpitante e de denuncia social. Así, ademais da denuncia na estrea en Galicia do documental ‘Frankenstein-04155’ sobre o accidente do Alvia tivemos filmes que se centran na traxedia dos refuxiados coma ‘Mediterranea’ ou ‘Flotel Europa’. Ademais, algunhas das máis grandes e laureadas películas da temporada que puidemos ver son poderosas denuncias da violencia de xénero ou da opresión da muller como ‘Paulina’, ‘Nahid’, ‘O incendio’ ou ‘Mustang’. Tamén houbo forte presenza da memoria do pasado recente con exemplos como ‘Invasión’ (do bombardeo norteamericano en Panamá); ‘Rabin the last day’ (sobre a ruptura definitiva por Israel do diálogo con Palestina fai agora 20 anos); ‘Unha xuventude alemá’ (que fala da insurxencia armada nos convulsos anos setenta, arredor da Baader-Meinhoff); da guerra iniciada en Afganistán en ‘Tell Spring not to come last year’; da situación marxinal dos últimos indios nativos nos Estados Unidos en ‘Song my brother caught me’ ou o pase especial de ‘Caudillo’ de Basilio Martín Patino, o 20-N nos corenta anos da morte do ditador Franco.

Premios e datas especiais

Cineuropa premiou este ano ao director mexicano Arturo Ripstein, que conta con máis de medio século de traxectoria internacional e ao portugués Miguel Gomes, un dos máis recoñecidos valores de vangarda do cinema portugués e europeo. Ademais, é de destacar tamén nesta edición tivemos proxección o día 11 do filme ‘Mediterranea’, que se fixo de forma simultánea en París, Bruxelas, Sevilla, Bucarest, Bratislava, Lisboa e Cork, ademais de en Compostela dentro dos Premios LUX do Parlamento Europeo e que confirmaron a dimensión internacional do festival. O público respondeu enchendo o Teatro Principal e deulle de nota a este filme un 7,90. Puidemos ver tamén ‘Mustang’ que finalmente se alzou co Premio LUX, fallado durante a celebración do festival. Antes deste fallo, xa o público de Cineuropa lle dera un 8,41, converténdoa na segunda pelíucla máis votada da Sección Oficial.

E tamén é de relevancia a complicidade este ano coa asociación Hostalería Compostela coa que Cineuropa se uniu para propoñer escapadas gastroculturais xuntando Cineuropa con Santiago(é)tapas e que consistiron en descontos nas viaxes en Renfe e actividades de promoción conxuntas coa presentación dos dous eventos en Madrid no tren que saiu cara Compostela como atractivo para o turismo cultural e gastronómico á nosa cidade.

Máis de 300 filmes organizados en Cineuropa e OFF-Cineuropa

Como diciamos en total foron 302 películas organizadas en Sección Oficial, Panorama Internacional, Maiores con Reparos, Docs-Cineuropa, Fantastique Compostela, Arturo Ripstein: Tributo e Retrospectiva, Retrospectiva Artur Brauner, Especial Dominik Graf, Lembranzas, Panorama Audiovisual Galego, Disidencias, Proxeccións Especiais e o Maratón. E a isto engadímoslle este ano un apartado que denominamos OFF-Cineuropa, dentro do cal tivemos as seccións Roxos e Marcianos: a caza de Bruxas en Hollywood, Maratón Roxos e Marcianos, Arthur Miller Centenario, Ciclo Amos Kollek, Filmadas en 1965, Cineuropa recomenda-Cine de culto e Docs Music.

Cineuropa brindou ademais esta edición tres lembranzas: as dúas primeiras foron aos premios Cineuropa falecidos este ano, Manuel de Oliveira e Vicente Aranda e a terceira aos multifacéticos creadores galegos Chichi Campos e Toñito Blanco, tan unidos a Compostela. Ademais, este ano tivemos dous maratóns, un centrado no cinema norteamericano de ciencia ficción de serie B, onde os marcianos eran alter ego dos comunistas; e o xa tradicional maratón transgresor da última fin de semana, de cerca de 12 horas, unha celebración profana do cinema que non ten equivalente en ningún outro festival internacional e que o público volveu encher agotando as entradas.

Películas dos mellores festivais

Trinta e cinco películas tivemos na Sección Oficial, nunha edición na que o Panorama Internacional estivo dominado polo emerxente cinema latinoamericano e polos grandes mestres do cinema oriental. Puidemos ver as películas da temporada de entre as que compre destacar do festival de Cannes ‘Son of Saul’, ‘A lagosta’, ‘Mustang’, ‘Mia Madre’, ‘The assasin’ ou ‘Chronic’; do festival de Venecia o León de Ouro ‘Desde allá’ ademais de ‘Francofonía’, ‘Rabin, the last day’ ou ‘La calle de la Amargura’ do noso premiado deste ano, Arturo Ripstein. O Oso de Ouro de Berlín, ‘Taxi Teheran’, tamén estivo na nosa programación que deste festival trouxo así mesmo ’45 years’, ‘El botón de Nácar’, ‘Victoria’, ‘Ixcanul’, ‘El Club’ e ‘Eiseinstein en Guanajuato’. Puidemos ver tamén o Leopardo de Ouro de Locarno, ‘Right Now, Wrong Them’, así como ‘Cosmos’ e ‘La academia de las musas’ que tamén estiveron neste festival. Despois de pasar polo festival de Sitges chegaron ‘The Invitation’, ‘The Final Girls’, ‘Demon’ e ‘The Gift’ e de San Sebastián trouxemos a gañadora da Concha de Ouro ‘Sparrows’ ademais de ‘Sunset Songs’.

Nomes propios

Entre os directores europeos cuxa obra se viu este ano destacan Alexandr Sokurov, Nanni Moretti, Terence Davies, Arnaud Desplechin, Robert Guediguian, Matteo Garrone, Peter Greenaway, Joao Nicolau ou Andrezi Zulawski. Do cinema asiático tivemos o novo de Naomi Kawase, Hou-Hsiao-Hsien, Jia-Zhang-Ke, Apichapong Wheerasetakull, Kore-Eda ou Hong-Sang-Soo. E a puxanza latinoamericana, ademais da estrea do último de Ripstein e a súa presenza na cidade, estivo exposta nas películas de Patricio Guzmán, Pablo Larrain, Michel Franco, Santiago Mitre, Jayro Bustamante e Lorenzo Vigas.

E tivemos cineastas que nos acompañaron na cidade presentando as súas películas como José Luis Guerín (premio Cineuropa 2007) e Fernando Colomo que presentaon os seus filmes ‘La academia de las musas’ e ‘Isla Bonita’. E tamén tivo unha presenza potente o audiovisual galego, como sucede cada ano. A liña de programación do festival, tan unida ao Novo Cinema Galego desde o seu nacemento reflectiuse nesta edición nos novos traballos de Lois Patiño, Xacio Baño, Xurxo Chirro, Jaione Camborda ou Diana Toucedo.

Santiago - Última xornada de Cineuropa

O festival despídese este domingo cunha escolma do cine máis premiado nos grandes festivais. Así, poderase ver Paulina (La Patota), de Santiago Mitre, Gran Premio Semana da Crítica e Premio FIPRESCI en Cannes, ás 18:15 h no Teatro Principal; Ixcanul, de Jayro Bustamante, Premio Alfred Bauer en Berlín, no Salón Teatro ás 18:00 h; Right Now, Wrong Then, de Hong Sang-soo, mellor película e actor no festival de Locarno, ás 20:00 h no Teatro Principal; Chronic, de Michel Franco, mellor guión en Cannes, ás 21:45 h no Salón Teatro; Nahid, de Ida Panahandeh, premio Avenir en Cannes (futuro prometedor), ás 19:45 h no Salón Teatro; e Rabin, the last day, de Amos Gitai, Premio Especial do Xurado no Festival de Sevilla, que se proxectará en Teatro Principal ás 22:30 h. A continuación, á 01:00 h no mesmo Principal, pasarase The Arena of Murder, do propio Gitai, unha variante do mesmo tema que rodou en 1996.

No Salón Teatro exhibirase de novo, ás 16:30 h, 13 minutes, de Oliver Hirschbiegel, un filme sobre o atentado que estivo realmente preto de eliminar a Hitler, que foi valorado polo público de Cineuropa cun 8,25. E ás 23:30 h no mesmo Salón Teatro, proxectarase The Girl in the photographs, de Nick Simon, a nosa homenaxe a Wes Craven coa última das súas producións que segue a liña habitual do cineasta: asasino en serie e moito humor.

A programación completarase co cine de animación de Bakemono no Ko (The Boy and the Beast), de Mamoru Hosoda (ás 16:00 h no Teatro Principal); Yes, we fuck, de Antonio Centeo e Raúl da Morena, un reivindicativo documental sobre a liberdade sexual para todos (en pase matinal, ás 12:00 h no Teatro Principal); e películas da sección Roxos e Marcianos: a caza de bruxas en Hollywood que se proxectarán, con entrada libre, no CGAC e a sede Afundación.

Ademais, a Banda Municipal de Música ofrece un concerto ás 12.30 h na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta) dirixida por Juan Miguel Romero Llopis no que lle poñerán música en directo ás curtametraxes "O Xigante" de Nani García e "Mejor pídelo tú" de M. Muñoz Gascón, e interpretarán diversas bandas sonoras. A entrada ao concerto é de balde previa retirada de entradas na billeteira do Teatro Principal ou o propio día do concerto na sala de celebración do mesmo.

PROGRAMACIÓN COMPLETA DOMINGO 29

TEATRO PRINCIPAL
16:00 THE BOY AND THE BEAST (BAKEMONO NO KO) Mamoru Hosoda
18:15 PAULINA (LA PATOTA) Santiago Mitre
20:00 RIGHT NOW, WRONG THEN Hong Sang-soo
22:30 RABIN, THE LAST DAY Amos Gitai
01:00 THE ARENA OF MURDER Amos Gitai

SALÓN TEATRO
16:30 13 MINUTES Oliver Hirschbiegel
18:00 IXCANUL Jayro Bustamante
19:45 NAHID Ida Panahandeh
21:45 CHRONIC Michel Franco
23:30 THE GIRL IN THE PHOTOGRAPHS Nick Simon (recordo de Wes Craven)

CGAC
16:00 ANGELS IN AMERICA (ANXOS EN AMÉRICA) Mike Nichols
22:30 ESPAÑA OTRA VEZ Jaime Camino

SEDE AFUNDACIÓN
17:00 TILL THE END OF TIME (ATA A FIN DO TEMPO) Edward Dmytryk

18:50 THE COMPANY YOU KEEP (PACTO DE SILENCIO) Robert Redford 

Santiago - Xornada de Cineuropa do sábado 28

Hong Sang-Soo xa gañara en 2013 o Leopardo de Ouro á Mellor Dirección por Our Sunhi. Nesta ocasión o premio acadado en Locarno foi o Leopardo á Mellor Película e o premio á Mellor Interpretación Masculina para Jung Jae-Young. Right Now, Wrong Then, que se atopa entre o máis sensible e divertido da notable carreira do cineasta surcoreano, narra dúas variacións dunha mesma historia, a relación entre un director de cinema e unha solitaria pintora. Emotiva e moi disfrutable, estrearase ás 21:30 h no Teatro Principal.

No Salón Teatro ás 22:00 proxectarase novamente Me quedo contigo, filme do mexicano Artemio Narro soamente proxectado no maratón. Trátase dunha aparentemente frívola historia de despedidas de solteira que devén en violencia extrema. Cinema salvaxe e altamente recomendable. A continuación, ás 00:00 h no mesmo Teatro, pasarase The Final Girls, de Todd Strauss-Schulson, mellor guión e Premio especial do Xurado no festival de Sitges, unha delirante volta de torca aos slasher ochenteiros.

No Teatro Principal haberá nova oportunidade de asistir aos pases de Bakemono no Ko (The Boy and the Beast), de Mamoru Hosoda (ás 17:30 h), Desde allá, de Lorenzo Vigas (19:45 h), Cemetery of Splendour, de Apichatpong Weerasethakul (23:30 h). Pola súa banda, no Salón Teatro, tamén se poderá asistir a novas proxeccións de El Rey de La Habana, de Agustí Villaronga (16:00 h), Paulina (La Patota), de Santiago Mitre (18:15 h), e Francofonia, de Alexander Sokurov (ás 20:15 h).

 PROGRAMACIÓN COMPLETA SÁBADO 28

TEATRO PRINCIPAL
17:30 THE BOY AND THE BEAST (BAKEMONO NO KO) Mamoru Hosoda
19:45 DESDE ALLÁ Lorenzo Vigas
21:30 RIGHT NOW, WRONG THEN Hong Sang-soo
23:30 RAK TI KHON KAEN (CEMETERY OF SPLENDOUR) Apichatpong Weerasethakul

SALÓN TEATRO
16:00 EL REY DE LA HABANA Agustí Villaronga
18:15 PAULINA (LA PATOTA) Santiago Mitre
20:15 FRANCOFONIA Alexander Sokurov
22:00 ME QUEDO CONTIGO Artemio Narro

00:00 THE FINAL GIRLS Todd Strauss-Schulson

Santiago - Xornada de Cineuropa do venres 27

Baseada na novela do cubano Pedro Juan Gutiérrez, Villaronga suaviza a dureza do relato orixinal para mostrar en El Rey de la Habana a vida de Reinaldo, un pícaro adolescente fuxido dun correccional que debe sobrevivir na decadente cidade de La Habana. A actriz Yordanka Ariosa foi galardoada coa Cuncha de Prata en San Sebastián pola súa excelente interpretación de “jinetera”. A cita con Reinaldo, El Rey de la Habana, será ás 16:00 h no Teatro Principal. A continuación, ás 18:15 h pasarase por primeira vez Rak Ti Khon Kaen (Cemetery of Splendour), do tailandés Apichatpong Weerasethakul, Un Certain Regard na pasada edición de Cannes. A película, de atmosfera tan onírica como sobrecolledora, céntrase nun improvisado hospital cuxos pacientes padecen unha misteriosa variante da enfermidade do soño.

Ixcanul, Premio Alfred Bauer en Berlín, proxectarase ás 17:30 h no Salón Teatro. O debut do guatemalteco Jayro Bustamante, é un fermoso exercicio etnográfico sobre a vida dunha moza nunha comunidade indíxena que vive na faldra dun volcán. A película irradia unha dobre denuncia social: a precariedade social das comunidades indíxenas, e o papel secundario da muller dentro desas pequenas sociedades. No mesmo Salón Teatro ás 19:15 h comezará Bakemono non Ko (The Boy and the Beast), filme xaponés de animación dirixido por Mamoru Hosoda. Unha fabulosa historia de aprendizaxe e aventuras, poética, emotiva e visualmente fastuosa.

Como xa é tradición, esta noite celebrarase o maratón de Cineuropa, composto esta vez de nove películas, unha delas sorpresa e a maior parte inéditas no festival. Cine para pasar unha noite de celebración e diversión.

Haberá tamén oportunidade de asistir aos últimos pases de La calle de la amargura, de Arturo Ripstein (Salón Teatro ás 21:30 h), Peace to us in our Dreams, de Sharunas Bartas (tamén no Salón Teatro pero ás 23:15 h), e The Invitation, de Karyn Kusama, que se proxectará no Teatro Principal ás 20:15 h. A ampla carteleira que Cineuropa ofrece esta xornada completarase con películas doutras seccións programadas no Salón Teatro e a sede Afundación.

PROGRAMACIÓN COMPLETA VENRES 27

TEATRO PRINCIPAL
16:00 EL REY DE LA HABANA Agustí Villaronga
18:15 RAK TI KHON KAEN (CEMETERY OF SPLENDOUR) Apichatpong Weerasethakul
20:15 THE INVITATION Karyn Kusama
22:15 MARATÓN
THE FINAL GIRLS Todd Strauss-Schulson
ME QUEDO CONTIGO Artemio Narro
CUB Jonas Govaerts
THE GIRL IN THE PHOTOGRAPHS Nick Simon
MISTERIOS DE ULTRATUMBA Fernando Méndez
SENSATIONAL JANINE Kurt Nachmann
THE GIFT Joel Edgerton
THE WORLD OF KANAKO Tetsuya Nakashima
PELICULA SORPRESA MARATÓN

SALÓN TEATRO
16:00 DAVID HOLZMAN’S DIARY Jim McBride
17:30 IXCANUL Jayro Bustamante
19:15 THE BOY AND THE BEAST (BAKEMONO NO KO) Mamoru Hosoda
21:30 LA CALLE DE LA AMARGURA Arturo Ripstein
23:15 PEACE TO US IN OUR DREAMS Sharunas Bartas

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 CORNERED (VINGANZA) Edward Dmytryk
18:15 CROSSFIRE (ENCRUCILLADA DE ODIOS) Edward Dmytryk

19:45 THE HIDDEN ROOM Edward Dmytryk

Santiago - Xornada de Cineuropa do xoves 26

O debut de Lorenzo Vigas foi a gran sorpresa do pasado Festival de Venecia, a primeira vez que unha película en español conseguía o León de Ouro. Desde allá, que se estreará no Teatro Principal ás 20:00 h, é unha perturbadora película que parte dunha historia orixinal do mexicano Guillermo Arriaga. O actor chileno Alfredo Castro, habitual do cine de Pablo Larraín, interpreta a un home incapaz de recoñecerse homosexual que paga a mozos da rúa para obter goce sexual, pero sen atraverse ao tacto. Desde a distancia. Así atopará a Elder, un magnífico e novísimo Luis Silva, con quen quedará fascinado. A partir de aí, o desasosego, a violencia e a crueldade. 

No Teatro Principal ás 21:45 h da noite, proxectarase, como xa é tradición, unha película sorpresa. Ao longo do día ofreceranse pistas a través das redes sociais para incrementar (ou minguar) o suspense.

Nesta xornada poderase asistir tamén a novos pases de The Gift, o inquietante filme de Joel Edgerton (Teatro Principal ás 23:45 h), de Nahid, de Ida Panahandeh (Salón Teatro ás 19:45 h), e do último de Sokurov, Francofonia (no Salón Teatro ás 21:45 h). Tamén haberá despedidas ilustres e outras non tan ilustres, como Cosmos, de Andrzej Zulawski (ás 16:15 h no Teatro Principal), valorada polo público de Cineuropa cun 3,85 (suficiente para provocar curiosidade); a historicamente comprometida Equí y n'otru tiempu, de Ramón Lluís Bande (Salón Teatro ás 16:30 h); a moi celebrada Isla Bonita, de Fernando Colomo (Teatro Principal ás 18:00 h), Mi Querida España, de Mercedes Moncada (Salón Teatro ás 18:00 h), á que o público outorgou un 8,62; El incendio, de Juan Schnitman (Salón Teatro ás 23:30 h), e Flotel Europa, de Vladimir Tomic, que se pasará no Salón Teatro á 1:00. Por último, no CGAC e a sede Afundación, seguiranse proxectando películas doutras seccións e de entrada libre ata completar capacidade.

PROGRAMACIÓN COMPLETA XOVES 26

TEATRO PRINCIPAL
16:15 COSMOS Andrzej Zulawski
18:00 ISLA BONITA Fernando Colomo
20:00 DESDE ALLÁ Lorenzo Vigas
21:45 PELICULA SORPRESA
23:45 THE GIFT Joel Edgerton

SALÓN TEATRO
16:30 EQUÍ Y N’OTRU TIEMPU Ramón Lluís Bande
18:00 MI QUERIDA ESPAÑA Mercedes Moncada Rodríguez
19:45 NAHID Ida Panahandeh
21:45 FRANCOFONIA Alexander Sokurov
23:30 EL INCENDIO Juan Schnitman
01:00 FLOTEL EUROPA Vladimir Tomic

CGAC
16:00 THE IRON CURTAIN (O TELÓN DE ACEIRO) William A. Wellman
17:30 THE FEARMAKERS (OS INTIMIDADORES) Jacques Tourneur
19:00 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 9 Dominik Graf
IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 10 Dominik Graf
20:45 THE HOUSE ON 92ND STREET (A CASA DA RÚA 92) Henry Hathaway
22:15 WATTSTAX Mel Stuart

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 SEVEN MILES FROM ALCATRAZ (A SETE MILLAS DE ALCATRAZ) Edward Dmytryk
17:30 HITLER’S CHILDREN (OS FILLOS DE HITLER) Edward Dmytryk
19:00 TENDER COMRADE (COMPAÑEIRO DA MIÑA VIDA) Edward Dmytryk

20:45 THE LAWLESS (O FORAXIDO) Joseph Losey

Santiago - Xornada de Cineuropa do mércores 25

O Salón Teatro acollerá a proxección de tres películas multipremiadas este ano en Cannes, Berlín e San Sebastián, as arxentinas Paulina e El Incendio, e a iraniana Nahid, que conflúen en abordar desde posturas nada compracentes e abertas ao debate a violencia exercida contra a muller de xeito individual ou desde unha política de Estado. 

Esta sesión conmemorativa comezará ás 18:15 h con El Incendio, de Juan Schnitman, un potente drama sobre a violencia latente na vida cotiá dunha parella que está a piques de dar o paso de comprar xuntos un apartamento. Grandes actuacións de Juan Barberini e Pilar Gamboa, galardoada como mellor actriz latinoamericana no festival de cinema de Málaga. A continuación, ás 20:00 h, proxectarase Paulina (A Patota), de Santiago Mitre, premiada en San Sebastián e Gran Premio Semana da Crítica e Premio FIPRESCI en Cannes, é un remake do clásico arxentino de 1960 protagonizado por unha sobresaliente Dores Fonzi, que interpreta a unha muller vítima de violencia física. Paulina é unha película de gran forza emotiva, dura e militante, magníficamente dirixida e sen convencionalismos. Imprescindible. Coa ópera prima da iraniana Ida Panahandeh, galardoada co Un Certain Regard en Berlín, pecharase esta sesión ás 22:15 h. Nahid é unha película intimista que retrata a sociedade actual de Irán a través da súa protagonista, unha nova nai divorciada nun país onde o islamismo radical oprime a calquera muller, especialmente se non comulga cos seus ditados relixiosos. 

No Teatro Principal tamén haberá estreas. The Invitation, mellor película no Festival de Sitges, proxectarase ás 19:15 h. Trátase dun inquietante e sorprendente thriller de final adrenalínico, composto por Karyn Kusama, a partir dos mecanismos que utiliza o ser humano para superar a dor e a perda. Ás 21:00 h comezará Rabin, the last day, de Amos Gitai, unha reconstrución do magnicidio de Isaac Rabin o 4 de novembro de 1995, a mans dun fanático sionista que conseguiu o Premio Especial do Xurado no Festival de Sevilla. Sobria e necesaria. A continuación proxectarase The Arena of Murder, unha primeira mirada ao asasinato do Primeiro Ministro de Israel realizada polo mesmo Gitai en 1996.

Ás 16:00 h estrearase no Salón Teatro Ave y Nada, unha reinvención da historia de Adán e Eva do chileno afincado en Vigo, Cristóbal Arteaga. Nesta xornada poderase asistir aos novos pases de Flotel Europa, de Vladimir Tomic (Teatro Principal ás 16:00 h), 13 minutes, de Oliver Hirschbiegel (Principal ás 17:15 h), e Cosmos, de Andrzej Zulawski, que se proxectará no Salón Teatro ás 00:30 h. Por último, na sede Afundación proxectaranse películas da sección Roxos e Marcianos, como sempre, de entrada libre.


PROGRAMACIÓN COMPLETA MÉRCORES 25

TEATRO PRINCIPAL
16:00 FLOTEL EUROPA Vladimir Tomic
17:15 13 MINUTES Oliver Hirschbiegel
19:15 THE INVITATION Karyn Kusama
21:00 RABIN, THE LAST DAY Amos Gitai
23:45 THE ARENA OF MURDER Amos Gitai

SALÓN TEATRO
16:00 AVE Y NADA Cristóbal Arteaga Rozas
18:15 EL INCENDIO Juan Schnitman
20:00 PAULINA (LA PATOTA) Santiago Mitre
22:15 NAHID Ida Panahandeh
00:30 COSMOS Andrzej Zulawski

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 CITIZEN COHN (CIDADÁN COHN) Frank Pierson

18:30 NIXON Oliver Stone

Santiago - Xornada de Cineuropa do martes 24


Este martes visitaranos Fernando Colomo para presentar o seu novo traballo, Isla Bonita, a historia dun director en horas baixas convidado por un amigo á súa casa en Menorca. Trátase dun máis que probable autorretrato certeiro, honesto e refrescante. Realizada cun orzamento mínimo, deixa unha ampla marxe para a improvisación dos actores, moitos deles non profesionais que, a pesar diso, protagonizan hilarantes diálogos sobre o amor ou a arte. A cita con Colomo terá lugar ás 20:45 h no Salón Teatro.

Francofonia, de Alexander Sokurov (ás 21:45 h no Teatro Principal), é unha das películas máis esperadas do ano. De carácter histórico pero cargada de ironía e Napoleones parlantes, mostra o museo do Louvre como nexo entre pasado e presente da cultura europea. Sokurov atopa nela o vehículo perfecto para ensalzar a grandeza da alma rusa, criticar solapadamente a Angela Merkel, e mostrar o colaboracionismo entre Francia e Alemaña durante a Segunda guerra mundial.

Chronic, a terceira longametraxe de Michel Franco, estrearase ás 17:45 h no Teatro Principal. O mexicano utiliza a un coidador de enfermos terminais para crear unha crónica sobre a desolación e a dor de múltiples lecturas, que obtivo o premio ao mellor guión no pasado Festival de Cannes.

Esta tarde ás 16:00 h estrearanse tamén dous interesantes documentais de carácter social. Flotel Europa, de Vladimir Tomic (no Salón Teatro), narra a surrealista situación dun barco cargado de refuxiados da guerra de Bosnia en 1992, convertido en fogar para os seus ocupantes durante os dous anos que pasaron nas costas danesas á espera de resolución para as súas solicitudes de asilo. Pola súa banda, Mi querida España, documental de Mercedes Moncada Rodríguez programado no Teatro Principal, analiza a nosa historia recente a través do inxente arquivo do xornalista Jesús Quintero. Altamente recomendable.

Ás doce da mañá haberá pase matinal no Teatro Principal con Asesinato en el Comité Central, tributo ao recentemente falecido Vicente Aranda. Ao longo do día, poderase asistir a unha nova proxección de Peace to us in our Dreams, de Sharunas Bartas (Principal ás 0:00 h); e ás últimas de Trois Souvenirs de ma Jeunesse, de Arnaud Desplechin (Teatro Principal ás 21:45 h), The Here After, de Magnus von Horn (Salón Teatro ás 17:15 h), The Duke of Burgundy, de Peter Strickland (Salón Teatro ás 19:00 h), Demon, de Marcin Wrona (Salón Teatro ás 23:00 h) e La próxima vez dispararé al corazón, de Cédric Anger (no Salón Teatro ás 00:45 h). A programación deste martes completarase con tres películas do ciclo Roxos e Marcianos: a caza de bruxas en Hollywood que se proxectarán na sede Afundación.

PROGRAMACIÓN COMPLETA MARTES 24

TEATRO PRINCIPAL
12:00 ASESINATO EN EL COMITÉ CENTRAL Tributo a Vicente Aranda
16:00 MI QUERIDA ESPAÑA Mercedes Moncada Rodríguez
17:45 CHRONIC Michel Franco
19:30 TROIS SOUVENIRS DE MA JEUNESSE Arnaud Desplechin
21:45 FRANCOFONIA Alexander Sokurov
00:00 PEACE TO US IN OUR DREAMS Sharunas Bartas

SALÓN TEATRO
16:00 FLOTEL EUROPA Vladimir Tomic
17:15 THE HERE AFTER Magnus von Horn
19:00 THE DUKE OF BURGUNDY Peter Strickland
20:45 ISLA BONITA Presentación e debate con Fernando Colomo
23:00 DEMON Marcin Wrona
00:45 LA SIGUIENTE VEZ APUNTARÉ AL CORAZÓN Cédric Anger

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 BIG JIM MCLAIN (O GRAN JIM MCLAIN) Edward Ludwig
18:15 BLOOD ALLEY (CALELLO SANGUENTO) William A. Wellman

20:15 CONSPIRATOR (TRAIZÓN) Victor Saville

Santiago - Xornada de Cineuropa do luns 23


Comeza a última semana do festival e, lonxe de decaer, preséntase con forza. Cineuropa tráenos oito estreas. A primeira, Trois souvenirs de moi jeunesse, de Arnaud Desplechin (Salón Teatro ás 20:15 h), é unha fermosa película cunha visión do amor exacerbada, moi próximo ao cinema do Truffaut máis romántico. 

Demon, de Marcin Wrona (Teatro Principal ás 23:15 h), é "o mellor filme europeo do ano” para o noso director, José Luis Losa. Marcin Wrona faleceu en setembro con só 42 anos, tres semanas antes do festival de Sitges onde a película levou o premio á mellor fotografía. A película contén a que para Losa é “unha das mellores secuencias de voda da historia do cinema, á altura de El Padrino ou El Gatopardo”. 

Cosmos significa o retorno do gran Andrezj Zulawski, autor de La Fidelidad ou Boris Godunov entre outras, e mellor director en Locarno por esta película, unha exaltación feliz da vida e o amor-paixón. A cita con Zulawski será no Teatro Principal ás 19:45 h. No mesmo Principal, pero ás 18:00 h, proxectarase The Here After, de Magnus von Horn, unha das grandes sorpresas no circuíto de festivais desta tempada. Sobre o intento de reinserción dun mozo no seu antigo ambiente, e de como a plácida sociedade nórdica pode volverse insospeitadamente desasosegante. 

Oliver Hirschbiegel narra en 13 Minutes (Salón Teatro ás 00:45 h) o atentado contra Hitler que estivo moito máis preto de eliminalo que a famosa Operacion Walkiria. 

Jonas Govaerts dá con Cub (Teatro Principal á 01:00 h) unha divertidísima volta de torca ás películas de campamentos de scouts e asasino na sombra. Trátase dunha película na que o terror e humor van da man rabiosamente dosificados. 

O novo de Sharunas Bartas, Peace to us in our dreams, chega ao Teatro Principal ás 16:00 h. Bartas conmoveu en Cannes pola súa delicada representación dunha atmosfera dominada pola incomprensión e a soidade. Dirixida especialmente a cinéfilos de padal fino.

La próxima vez apuntaré al corazón, revelación de Cédric Anger en Sitges, proxectarase no Salón Teatro ás 16:00 h. Resulta curioso como os franceses teñen un modo moito máis repousado de contar historias de asasinos en serie que a tradición hollywoodiense.

Por outra banda, no CGAC comezará a sesión Arredor de Nimbos ás 16:00 h, coa proxección dunha serie de curtametraxes baseadas na obra Nimbos, do poeta Xosé María Díaz Castro. Nela participarán os propios directores Jaione Camborda, Ander Parody, Pablo Maraví, Jorge Suárez-Quiñones Rivas e Pablo Teijón, ademais dos actores Javier Villarín e Teresa Álvarez, protagonistas de La Inmensa Nieve, de Carlos Rivero. 

O tributo a Toñito Branco e Chichi Campos renderase hoxe ás 18:00 h no Salón Teatro, coa proxección de Toñito Branco, só, perdido e vicioso, de Nico Campos, e o coloquio posterior que presentará Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual. Nel participarán Manuel Manquiña, Antonio Durán "Morris", Juanillo Esteban, Xaime Fandiño, Tata Campos, Nico Campos e Xosé Manuel Pereiro.

Por último, pasarase por última vez no festival a soada Marguerite de Xavier Giannoli (ás 22:30 h no Salón Teatro), e proxectarase máis cinema doutros ciclos no CGAC e o Auditorio de Galicia, incluíndo unha sesión sobre 'Valores de Cinema' organizada pola asociación ASPRONAGA (ás 20:00 h).

PROGRAMACIÓN COMPLETA LUNS 23

TEATRO PRINCIPAL
16:00 PEACE TO US IN OUR DREAMS Sharunas Bartas
18:00 THE HERE AFTER Magnus von Horn
19:45 COSMOS Andrzej Zulawski
21:30 MIA MADRE Nanni Moretti
23:15 DEMON Marcin Wrona
01:00 CUB Jonas Govaerts

SALÓN TEATRO
16:00 LA PROCHAINE FOIS JE VISERAI LE COEUR (A SEGUINTE VEZ APUNTAREI AO CORAZÓN) Cédric Anger
18:00 TOÑITO BLANCO, SÓ, PERDIDO E VICIOSO Nico Campos (Tributo a Chichi Campos e Antonio Blanco) Debate: Os seus amigos
20:15 TROIS SOUVENIRS DE MA JEUNESSE Arnaud Desplechin
22:30 MARGUERITE Xavier Giannoli
00:45 13 MINUTES Oliver Hirschbiegel

SALA MOZART - AUDITORIO DE GALICIA
20:00 VALORES DE CINE!!
O CIRCO DA BOLBORETA Joshua weigel. Presentación e debate: Antonio Naya Sancho, director do centro Ricardo Baró da asociación ASPRONAGA, Moisés Lamigueiro Romeo, responsable da Área de Familias e da Área Social de FADEMGA Plena inclusión Galicia

CGAC
16:00 ARREDOR DE NIMBOS 1: ENCONTRO COS SEUS REALIZADORES
CLASE DE PINTURA Pablo Maraví
DENA EZ DABIL ONDO (TODO NON VAI BEN) Ander Parody
GAUA BEHARREZKOA DA (A NOITE É NECESARIA) Pablo Maraví
INAUSKETA (A CERNA) Ander Parody
PANTA RHEI Ander Parody
ARREDOR DE NIMBOS 2:
ENCONTRO COS SEUS REALIZADORES
A CERNA Carlos Rivero
COMA BRASAS Jorge S-Q R
ESMERALDA Guillermo Cerrato
LA INMENSA NIEVE Carlos Rivero
NOITE DO MUNDO Pablo Teijón
ARREDOR DE NIMBOS 3:
ENCONTRO COA SÚA REALIZADORA: Jaione Camborda
NIMBOS
PROBA DE AXILIDADE
WORK IN PROGRESS: RAPA DAS BESTAS
19:00 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 7 Dominik Graf
19:00 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 8 Dominik Graf
20:45 DAY OF THE OUTLAW (O DÍA DOS FORAXIDOS) André De Toth

22:30 TELL THEM WILLIE BOY IS HERE (O VAL DO FUXITIVO) Abraham Polonsky

Santiago - Xornada en Cineuropa do domingo 22


A peor cantante de ópera da historia, Marguerite, “deleitaranos” no Teatro Principal a partir das 17:30 h. A película máis recente de Xavier Giannoli é unha atinada sátira con gran éxito de público e crítica no Festival de Venecia que segue triunfando na carteleira francesa. O director de Cineuropa, José Luis Losa, está convencido de que todos coñeceremos a Marguerite cando termine novembro.

Unha estrea máis inquietante será The Gift, debut na dirección do actor Joel Edgerton, un thriller psicolóxico sobre unha parella que se traslada a California e comeza a recibir agasallos dun misterioso remitente. Un turbador relato centrado en tres personaxes de efectiva e intelixente intriga que se proxectará ás 23:45 h no Salón Teatro. Para as 00:45 h no Teatro Principal está programado o pase único de Remake, Remix, Rip-Off: About copy culture & Turkish pop cinema, de Cem Kaya, un interesante documental sobre a industria do cinema turco e a súa copia plano por plano do cinema hollywoodiense durante as décadas dos 60 e 70 do século pasado.

Esta tarde tamén nos espera unha interesante cita co mellor cinema galego no Salón Teatro, onde se proxectarán de forma consecutiva a partir das 16:00 A liña política, de Santos Díaz Antón, Eco, de Xacio Baño, Estratos de la imagen, de Lois Patiño e Verengo, de Víctor Hugo Seoane. 

Poderemos asistir aos segundos pases de The Duke of Burgundy, de Peter Strickland (no Teatro Principal ás 23:00 h), Mia Madre, de Nanni Moretti (Teatro Principal ás 21:15 h); e os últimos de El Botón de Nácar, de Patricio Guzmán (Teatro Principal ás 19:45 h), Hitchcock-Truffaut, de Kent Jones, (ás 18:30 h no Salón Teatro), A Royal Night Out, de Julian Jarrold (Salón Teatro ás 20:00 h) e The Assassin, de Hou Hsiao-Hsien (Salón Teatro ás 21:45 h).

Tanto no CGAC como na sede Afundación, poderemos asistir a outras proxeccións de diferentes seccións sempre con entrada libre ata completar capacidade.

PROGRAMACIÓN COMPLETA DOMINGO 22

TEATRO PRINCIPAL
16:00 VIAGEM AO PRINCÍPIO DO MUNDO Tributo a Manoel de Oliveira
17:30 MARGUERITE Xavier Giannoli
19:45 EL BOTON DE NÁCAR Patricio Guzmán
21:15 MIA MADRE Nanni Moretti
23:00 THE DUKE OF BURGUNDY Peter Strickland
00:45 REMAKE, REMIX, RIP-OFF: ABOUT COPY CULTURE & TURKISH POP CINEMA Cem Kaya

SALÓN TEATRO
16:00 Encontro cos seus directores
A LIÑA POLÍTICA Santos Díaz Antón
ECO Xacio Baño
ESTRATOS DE LA IMAGEN Lois Patiño
17:15 VERENGO Coa presenza do seu director Víctor Hugo Seoane
18:30 HITCHCOCK/TRUFFAUT Kent Jones
20:00 A ROYAL NIGHT OUT Julian Jarrold
21:45 THE ASSASSIN Hou Hsiao-Hsien
23:45 THE GIFT Joel Edgerton

CGAC
16:30 ASSIGNMENT: PARIS (DESTINO: BUDAPEST) Robert Parrish
18:00 WORK IN PROGRESS: O TEMPO FUTURO Xoán Escudero
WORK IN PROGRESS: TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO (SÍSIFO CONFUSO) Aser Álvarez
19:30 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 5 Dominik Graf
IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 6 Dominik Graf
21:45 BETWEEN MIDNIGHT AND DAWN (ENTRE A MEDIANOITE E O AMENCER) Gordon Douglas

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 THE BOY WITH GREEN HAIR (O RAPAZ DOS CABELOS VERDES) Joseph Losey
18:00 THE PROWLER (O ABESULLÓN) Joseph Losey

19:45 CHANCE MEETING (A CLAVE DO ENIGMA) Joseph Losey